Xurado dos Premios da Crítica de Galicia 2021

A xunta directiva da Asociación Premios da Crítica de Galicia acordou que o ditame dos XLIV Premios da Crítica de Galicia 2021 se celebrará o sábado 13 de novembro no centro social Afundacion de Vigo.

Así mesmo nomeou as seguintes persoas como membros dos xurados de cada unha das oito modalidades:

Creación literaria: Mercedes Corbillón, libreira da Libraría Cronopios; Inma Otero, crítica e profesora; Isabel Mociño, crítica e profesora UDV; Olga Novo, escritora, gañadora edición anterior; Ismael Ramos, escritor; Carlos Vizcaíno Fernández, crítico e profesor UDC e Xavier Senín Fernández, Secretaría, Premios da Crítica de Galicia.  

Investigación: Bieito Alonso, profesor da UDV, gañador da edición anterior; Marisa Castro Cerceda, profesora de Bioloxia vexetal da UDV; Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia Contemporánea de USC e membro da RAG; Camiño Noia Campos, catedrática e profesora emérita da UDV; Neves Rodríguez Brisaboa, catedrática de Linguaxes e Sistemas Informáticos da  UDC, Premio Nacional de Informática; Ana Ulla Miguel, profesora de Astronomía e Astrofísica da Universidade de Vigo e María López Sández, Secretaría, Premios da Crítica de Galicia.

Iniciativas Culturais e Científicas: Ana Abelenda, xornalista de La Voz de Galicia; Yolanda Castaño, poeta e xestora cultural; Pablo López, xornalista, codirector de  GCiencia, gañador da edición anterior; María Obelleiro, xornalista, directora de Nós diario; Fran Núñez, director do Centro Dramático Galego; Iria Veiga Ramos, psiquiatra e divulgadora científica e Inma López Silva, Secretaría, Premios da Crítica de Galicia.

Música: Luis Costa Vázquez, profesor do Conservatorio Superior de Vigo; Sofía Infante Souto, compositora especializada en música de cine; Jordi Lauren, codirector do Son Rías Baixas e produtor; Rodrigo Romaní, músico folk e profesor da ETRAD; Daniel Salgado, xornalista e músico rock; Margarita Viso, compositora e intérprete, gañadora da edición anterior e Mariana Fernández Carballal, Secretaría, Premios da Crítica de Galicia.

Artes Plásticas: Luciano Alfaya, arquitecto; Yolanda Carbajales, gravadora; Alfonso Costa, pintor, gañador da edición anterior; Francisco González Bouzan, director dentro cultural Marcos Valcárcel de Ourense; Mónica Maneiro, crítica e comisaria; Ana Soler, pintora e profesora e Ernesto Sánchez Pombo, Secretaría, Premios da Crítica de Galicia.

Artes Escénicas: Xavier Castiñeira Blanco, director de escena, docente na ESAD de Galicia e fundador da compañía teatral ButacaZero; Raquel Castro, escritora, profesora e presidenta da Asociación Teatral de Alxén;  Marcelino de Santiago Kukas, artista, dramaturgo, director, escenógrafo e fundador da compañía Os Monicreques, gañador da edición anterior; Iván Fernández, actor, director, dramaturgo e profesor de teatro;  Carmen Méndez, actriz e membro da Directiva da Academia Galega do Audiovisual;  Marta Pérez, actriz, creadora escénica e directora de Inversa Teatro e Malores Villanueva, Secretaría, Premios da Crítica de Galicia.

Cine e Artes Audiovisuais: Mayka Braña, actriz; Zaza Ceballos, produtora; Pepe Coira, produtor, vicepresidente da AGA; Alfonso Pato, director festival de Cans; María Yáñez, directora da revista dixital Vinte; Alicia Zapatero, realizadora da TVG e Jorge Mira, Secretaría, Premios da Crítica de Galicia.

Cultura Gastronómica: Iñaki Bretal, chef do restaurante O Eirado, Pontevedra; Paco Canedo, en representación da  Festa do Marisco do Grove, gañadora da edición anterior; Julia María Dolores de la Montaña, profesora xubilada de Nutrición e diétetica e Química analítica e alimentaria da UDV; Tania Gestoso Cortizo, profesora do CIF Carlos Oroza, Pontevedra; Marga Pazos, consultora gastronómica, codirectora de Cartablanca; Martina Vicente García, crítica gastronómica, coeditora da da revista La Alacena Roja e Paula Cabaleiro, Secretaría, Premios da Crítica de Galicia.

Presentacións candidaturas aos Premios da Crítica de Galicia 2021

A Asociación Premios da Crítica de Galicia acordou aprobar as bases pola que se rexerán os Premios da Crítica de Galicia 2021, que se ditaminarán en Vigo o 13 de novembro de 2021, ademais de nomear as secretarías de cada unha das modalidades.

Como establece a base sétima «Todas as producións que se consideren premiables en cada unha das modalidades poderán ser presentadas polas súas autoras e autores, editoras, produtoras ou promotoras ás secretarías dos xurados antes do 30 de setembro de 2021. Así mesmo, cada un dos membros dos xurados poderá presentar cantas candidaturas considere oportunas para a súa valoración polo resto dos membros.».

A este teor as propostas poderán ser dirixidas ás secretarías de cada unha das modalidades escribindo a: premiosdacriticagalicia@gmail.com

Creación literaria: Xavier Senín Fernández.

Investigación: María López  Sandez.

Iniciativas Culturais e Científicas: Inmaculada López Silva.

Música: Mariana Fernández Carballal.

Artes Plásticas: Ernesto Sánchez Pombo..

Artes Escénicas: Malores Villanueva.

Cine e Artes Audiovisuais: Jorge Mira Pérez.

Cultura Gastronómica: Paula Cabaleiro.

Ditame dos Premios da Crítica de Galicia 2020

O sábado 21 de novembro ás 12:00 horas no decurso dunha rolda de prensa na sala de conferencias do centro social Afundación de Vigo deuse a coñecer o ditame da XLIIIª edición dos Premios da Crítica de Galicia nas súas modalidades de Creación Literaria, Investigación, Música, Iniciativas Culturais e Científicas, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Cine e Artes Audiovisuais e Cultura Gastronómica.

Baixo o lema «A Nosa Fala. Na súa acea a moerse está o pan do porvir» de Ricardo Carvalho Calero, a pesar da imposibilidade de celebrar o acto coas súas características habituais, a asociación Premios da Crítica de Galicia mantivo a tradición de anunciar en outono uns premios, que ven outorgando dende 1978, coa intención de recoñecer a excelencia e a relevancia dos labores individuais e colectivos máis destacados nos diversos ámbitos da creación cultural e da investigación en Galicia durante o ano 2019.

Dende comezos do mes de outubro, as 56 persoas compoñentes dos oito xurados, que se unen ao mais do milleiro de participantes ao longo de máis de catro décadas, traballaron e ditaminaron de forma virtual sobre as propostas presentadas libremente por editoras, produtoras e outras entidades culturais.

Feliz Idade de Olga Novo, Premio de Creación Literaria

O xurado da XLIII edición dos Premios da Crítica de Galicia da modalidade de Creación Literaria, formado por Moncha Fuentes, escritora e gañadora da edición anterior; Luís González Tosar, escritor e presidente do Centro Pen de Galicia; Ánxela Lema París, crítica e compoñente da Sega; Montserrat Pena Presas, crítica e profesora da USC; Olivia Rodríguez, crítica e profesora da UDC; Vicente Rodríguez Justo, director da Biblioteca Pública Municipal de Verín e Mª Dolores Cabrera Iglesias, secretaría, en representación de Premios da Crítica de Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas as obras, por orde alfabética, Atlas de Alba Cid (Galaxia), Feliz Idade de Olga Novo (Kalandraka), Memoria do silencio de Eva Mejuto (Xerais) e O último barco de Domingo Villar (Galaxia). Tras as derradeiras deliberacións virtuais, acordou outorgar por unanimidade o premio a Feliz Idade de Olga Novo ( Kalandraka)

O xurado salientou na obra gañadora a forza lírica coa que converte as vivencias persoais nun feito poético universal, enraizado no máis fondo da nosa propia identidade cultural. É un canto á vida no que conflúen pasado, presente e futuro. Ao tempo que o eu lírico expresa a súa felicidade polo nacer da filla, compón  unha elexía polo pai falecido. Destacan a potencia da lingua poética e a escolla das referencias culturais. Unha estrutura, en sete partes ben definidas, axuda a avanzar na gozosa lectura.

 Anarquistas Galegos en América de Bieito Alonso, premio de Investigación

O xurado da XLIII edición dos Premios da Crítica de Galicia da modalidade de Investigación, formado por Fernando Aguado Agelet, gañador da edición anterior, profesor da UDV; Marilar Aleixandre, catedrática da USC, membro da RAG; Anxo Carracedo, catedrático da USC; Antón Costa Rico, catedrático da USC; Carmen García Mateo, catedrática da UDV; Joana Magalhães, investigadora no INBIC, Instituto de Investigacións Biomédicas da Coruña e Blanca Roig Rechou, secretaría, en representación de Premios da Crítica de Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Anarquistas galegos en América, de Bieito Alonso; Unha historia da música en Galicia. 1952-2018 de Fernando Fernández Rego; Variación e cambio nos dominios galego e portugués no século XX. https://ilg.usc.es/gl/proxectos/VARCAM_GP , dirixido por Xulio Sousa Fernández e Castelao. Construtor da Nación. Tomo I. 1886-1930.de Miguel Anxo Seixas. Tras as derradeiras deliberacións virtuais, acordou outorgar por maioría o premio á obra Anarquistas galegos en América de Bieito Alonso, publicada pola editorial Galaxia.

O xurado salientou nesta obra: a investigación rigorosa, propia e sintética coa que se profundiza e anova, con lucidez historiográfica, a historia do anarquismo en América; a visión transnacional e inclusiva da loita pola xustiza social desde perspectivas ideolóxicas e organizativas do anarquismo; o entrelazado do tema da emigración a través de historias conectadas de homes e mulleres desde diversos puntos de América e Galicia e a súa presentación accesible para un amplo público lector

O xurado desta edición solicita un cambio nas bases do premio para clarificar que serán galardoadas obras de investigación escritas en lingua galega.

GCiencia.Portal da Ciencia Galega, premio de Iniciativas Culturais e Científicas

O xurado da XLIII edición dos Premios da Crítica de Galicia da modalidade de Iniciativas Culturais e Científicas, formado por Rosario Álvarez Blanco, presidenta do CCG, membro da RAG; Alfredo Conde Cid, escritor; Avelino Muleiro García, catedrático de Filosofía, director do Instituto de Estudos Carballineses; Cristina Novoa Fernández, mestra, traballadora do ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura; Susana Pedreira Buján, xornalista de Onda Cero; Felipe Senén, escritor, presidente de Terras Ártabras e Ramón Nicolás Rodríguez, secretaría, en representación de Premios da Crítica de Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas á Fundación Vicente Risco, o portal GCiencia e Polo correo do vento. Tras as derradeiras deliberacións virtuais, acordou outorgar por maioría o premio ao portal GCiencia.

O xurado salientou a aposta do portal web GCiencia polo fomento e transmisión de contidos científicos e tecnolóxicos en lingua galega e dirixidos a un público xeralista. Recoñecemos a traxectoria dun proxecto codirixido desde 2013 polos xornalistas Eduardo Rolland e Pablo López e que acada un tráfico de máis de cinco millóns de páxinas vistas ao mes. Ademais, o xurado valora a relevante achega que supón este portal para normalizar o uso do noso idioma tanto na ciencia como na rede, alén de promocionar os valores humanistas da propia ciencia.

O xurado quere salientar, asemade, os valores que atesouran os outros dous finalistas. En primeiro lugar valórase na Fundación Vicente Risco a defensa da figura extraordinaria de Risco a través dun plural abano de actividades que promove unha constante análise crítica arredor da súa obra, alén de inculcar os valores culturais fronte á aculturación. En segundo lugar, en canto ao proxecto Polo Correo do Vento, un colectivo especializado na realización de actividades dirixidas a un público novo, salientamos a intensa promoción da lectura, o traballo realizado a prol da comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística das nenas e nenos na nosa lingua.

Margarita Viso, premio de Música

O xurado da XLIII edición dos Premios da Crítica de Galicia da modalidade de Música, formado por Alejo Amoedo, pianista catedrático do Conservatorio Superior de Música de Vigo e membro da Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais do Consello da Cultura Galega; Xan Carballal, director da Orquestra Clásica de Xove, gañador da edición anterior; Andrea González, pianista, vicepresidenta de Juventudes Musicales de España, directora do Festival IKFEM; Óscar Ibáñez, músico, mestre en educación musical, especialista en música tradicional galega; Ángeles Lorenzo, directora do Conservatorio de Música Profesional de Torroso e da Escola de Música de Mos; Selina Otero, xornalista do Faro de Vigo con formación musical e Malores Villanueva, secretaría, en representación de Premios da Crítica de Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Colección Chave mestra,Xaime Estévez e Margarita Viso. Tras as derradeiras deliberacións virtuais, acordou outorgar por unanimidade o premio a Margarita Viso.

O xurado lamentou non poder premiar os tres finalistas ao considerar que son dúas traxectorias e un proxecto de gran valía. Como as bases contemplan un só premio, o xurado decantouse por Margarita Viso pola súa longa e fecunda traxectoria como compositora, pianista acompañante, musicóloga e editora de música. Margarita Viso é a decana das compositoras galegas, unha pioneira que nos achegou cos seus estudos os mellores músicos da nosa contemporaneidade. Os seus traballos sobre Marcial de Adalid ou José Baldomir son rigorosos e exhaustivos, imprescindibles para poder coñecer a estes dous músicos. Ao tempo que investigaba, preocupouse por crear unha canle para divulgar os autores galegos, así impulsou a editorial Viso. E mentres impartía docencia nos Conservatorios de Zaragoza, Ponferrada e A Coruña. Margarita Viso é unha muller entregada á música galega dende moi distintas facetas. Na súa traxectoria destaca o seu compromiso e a súa excelencia, por iso este Premio da Critica debería servir non só como recoñecemento, senón como agradecemento polo seu labor a prol da música contemporánea.

Alfonso Costa, premio de Artes Plásticas

O xurado da XLIII edición dos Premios da Crítica de Galicia da modalidade de Artes Plásticas, formado por Antón Castro, crítico e comisario de exposicións; María Xesús Díaz, artista; Sara Donoso, comisaria de arte; Mauro Lomba, arquitecto e director de galería; Soledad Penalta, escultora, gañadora da edición anterior; Ánxeles Penas, crítica de arte e Antón Sobral, secretaría, en representación de Premios da Crítica de Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Menchu Lamas, Alfonso Penela e Alfonso Costa. Tras as derradeiras deliberacións virtuais, acordou outorgar por maioría o premio a Alfonso Costa.

O xurado salientou de Alfonso Costa o seu extraordinario traballo creativo durante cincuenta anos a través da pintura e o gravado así como o seu gran maxisterio no dominio das técnicas artísticas onde predominan un depurado debuxo e un rico colorido. O xurado tamén destacou a orixinalidade da súa obra. Alfonso Costa dende novo tivo unha vocación forte que o levou a Barcelona durante uns anos onde realizou xigantescos murais e amosou a súa obra en destacadas galerías. Logo, tras o seu regreso a Galicia, imparte cursos de gravado así como realiza innumerables e importantes mostras recibindo numerosos premios. O xurado destacou, ademais, o seu traballo como ilustrador deseñando numerosas capas de libros así como carteis de eventos culturais. No 2019 realizou diversas mostras e outras actividades artísticas en Galicia e foi convidado a expoñer a súa obra no Castelo de Neuburg en Passau (Baviera) convidado polo Parlamento Bávaro.

Os Monicreques de Kukas, premio de Artes Escénicas

O xurado da XLIII edición dos Premios da Crítica de Galicia da modalidade de Artes Escénicas, formado por Rut Balbís, coreógrafa, gañadora da edición anterior; Fernando Dacosta, actor e director, profesor UDV; Carlos Labraña, dramaturgo; Patricia Meira, dramaturga; Manuel F. Vieites, crítico, director da ESADG; Manuel Xestoso, subdirector da Revista Galega de Teatro e crítico teatral de Nós Diario e Eulalia Agrelo, secretaría, en representación de Premios da Crítica de Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a: Os Monicreques de Kukas (Arlequina), Grupo Chévere (Curva España) e Teatro Ensalle. Tras as derradeiras deliberacións virtuais, acordou outorgar por unanimidadeo premio a Os Monicreques de Kukas.

O xurado salientou que Os monicreques de Kukas se trata dunha compañía de monicreques pioneira en Galicia, un xénero teatral ao que tamén se pretende recoñecer con este premio. Así mesmo destacou a súa faceta artística, xeradora dun universo propio, e artesán, que implica a construción das marionetas e o seu mundo. A compañía resistiu o paso do tempo e soubo evolucionar incorporando novas xeracións de «titiriteiros» nos seus espectáculos desde a súa creación en Santiago de Compostela no ano 1979. Por outra parte, resaltou que a súa obra Arlequina, escrita por Marcelino de Santiago e dirixida por Isabel Rey e o mesmo «Kukas», sintetiza nun espectáculo, no que se hibridan diferentes manifestacións creativas e artistas, todo o seu eloxioso quefacer ao longo destes anos enriba dun escenario que convidou públicos de todas as idades.

O que arde de Oliver Laxe, premio de Cine e Artes Audiovisuais

O xurado da XLIII edición dos Premios da Crítica de Galicia da modalidade de Cine e Artes Audiovisuais, formado por Uxía Caride, xerente AGAPI; Antonio Duran «Morris», actor; María Mera, actriz; Rubén Ríos, actor e director; Ramón Rozas, crítico e xornalista de Diario de Pontevedra; Xosé Manuel Sande, programador do CGAI e Ledicia Costas Álvarez, secretaría, en representación de Premios da Crítica de Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Arime (filme de Jaione Camborda), Ghaleb Martínez, Jorge Coira O que arde (filme de Óliver Laxe). Tras as derradeiras deliberacións virtuais, acordou outorgar por unanimidade o premio a O que arde de Óliver Laxe.

O xurado salientou que son moitas e ben relevantes as razóns para premiar o traballo conxunto realizado na longametraxe O que arde. Fitos para a noso cinema que ollan a un cineasta singular, Óliver Laxe; a un equipo comprometido e talentoso; así como a unha industria in crescendo que goza, facilita e difunde esforzos coma os seus. O que arde aparece como unha proposta, fermosa e poética, que se expande a través da memoria recente: Cannes, os premios Goya, a preselección aos Óscar, as resonancias da nosa lingua, a sabedoría dun atávico legado, a procura dunha emoción, o coñecemento mundo adiante. Pola súa contribución global, baixo múltiples perspectivas, que van do artístico, lingüístico, cultural, etnográfico ou sociolóxico ao económico, é emblema dun momento histórico plural e frutífero para o ámbito audiovisual galego. De seguro, a mellor metáfora das doses de xenio, brillo e honestidade que posúe hoxe todo un substrato cultural, reflectido tanto nas diversas candidaturas seleccionadas como na necesidade mesma do seu apoio e preservación institucional.

Festa do marisco do Grove, premio de Cultura Gastronómica

O xurado da XLIII edición dos Premios da Crítica de Galicia da modalidade de Cultura Gastronómica, formado por Sandra Faginas, xornalista, xefa da sección de Suplementos de La Voz de Galicia, responsable das revistas YES, Fugas e HUM; Lucía Freitas, cociñeira do restaurante A Tafona, gañadora da edición anterior; Jorge Guitián, escritor e divulgador; Rosaura Leis Trabazo, profesora de Pediatría, presidenta do Comité Científico da Fundación Dieta Atlántica da USC. IDIS. CiberObn. Hospital Clínico Universitario de Santiago; Rubén Otero Caneda, director do CIFP Manuel Antonio; Jesús Simal Gándara, catedrático da UDV e coordinador do CIA e Luis Marconi Suárez, secretaría, en representación de Premios da Crítica de Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Asociación Cociña Ourense, Festa do Marisco do Grove e Xabier Castro Pérez. Tras as derradeiras deliberacións virtuais, realizadas por videoconferencia, o Xurado acordou outorgar por maioría o premio a Festa do Marisco de O Grove

O xurado valorou a dificultade para ditaminar este premio, dada calidade de todas as candidaturas presentadas nesta convocatoria, principalmente a dos finalistas, o que demostra a gran actividade e as iniciativas que existen en Galicia no mundo da Cultura Gastronómica. Salientou ademais que esta Festa do Marisco do Grove, que se celebra dende 1963 como un evento de exaltación do marisco, no que sempre participaron as mariscadoras e os mariscadores, conxuntamente cos veciños do concello, e chegando na súa 57ª edición a ser un evento cultural internacional, que convoca a máis de 200.000 persoas, que edita os seus catálogos en Galego e 4 idiomas máis, e que potencia os alimentos naturais do mar, paralelamente con duas semanas de actividade cultural

Esta XLIIIª edición dos Premios da Crítica de Galicia estivo patrocinada polo Concello de Vigo, A Xunta de Galicia e a Deputación provincial de Pontevedra, sendo entidades colaboradoras Afundación e Sargadelos.

Xurado dos Premios da Crítica de Galicia 2020

A xunta directiva da Asociación Premios da Crítica de Galicia acordou que o ditame dos XLIII Premios da Crítica de Galicia 2020, finalmente, celebrarase o sábado 21 de novembro no centro social Afundacion de Vigo.

Así mesmo nomeou as seguintes persoas como membros dos xurados de cada unha das oito modalidades:

Creación literariaMoncha Fuentes, escritora e gañadora da edición anterior; Luís González Tosar, escritor e presidente do Centro Pen de Galicia; Ánxela Lema París, crítica e compoñente da Sega; Montserrat Pena Presas, crítica e profesora da USC; Olivia Rodríguez, crítica e profesora da UDC; Vicente Rodríguez Justo, director da Biblioteca Pública Municipal de Verín e Mª Dolores Cabrera Iglesias, secretaria, Premios da Crítica de Galicia.

InvestigaciónFernando Aguado Agelet, gañador da edición anterior, profesor da UDV; Marilar Aleixandre, catedrática da USC, membro da RAG; Anxo Carracedo, catedrático da USC; Antón Costa Rico, catedrático da USC; Carmen García Mateo, catedrática da UDV; Joana Magalhães, investigadora no INBIC, Instituto de Investigacións Biomédicas da Coruña e Blanca Roig Rechou, secretaría, Premios da Crítica de Galicia.

Iniciativas Culturais e CientíficasRosario Álvarez Blanco, presidenta do CCG, membro da RAG; Alfredo Conde Cid, escritor; Avelino Muleiro García, catedrático de Filosofía, director do Instituto de Estudos Carballineses; Cristina Novoa Fernández, mestra, traballadora do ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura; Susana Pedreira Buján, xornalista de Onda Cero; Felipe Senén, escritor, presidente de Terras Ártabras e Ramón Nicolás, secretaría, Premios da Crítica de Galicia.

MúsicaAlejo Amoedo, pianista especializado en música de compositores galegos, catedrático do Corpo de Música e Artes Escénicas da Xunta de Galicia con destino no Conservatorio Superior de Música de Vigo e membro da Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais do Consello da Cultura Galega; Xan Carballal, director da Orquestra Clásica de Xove e da Orquestra de Cámara Luguesa, director das Escolas de Música de Burela e Mondoñedo, profesor de Harmonía e composición do Conservatorio de Vilalba, gañador da edición anterior; Andrea González, pianista, vicepresidenta de Juventudes Musicales de España, presidenta de Xuventudes Musicais Eixo Atlántico, directora do Festival IKFEM da Eurocidade Tui-Valença; Óscar Ibáñez, músico, mestre en educación musical, especialista en música tradicional galega, xestor de documentación musical e investigador; Ángeles Lorenzo, directora do Conservatorio de Música Profesional de Torroso e da Escola de Música de Mos, directora da Banda de música Xuvenil de Torroso-Mos; Selina Otero, xornalista do Faro de Vigo. Con formación musical e Malores Villanueva, secretaría, Premios da Crítica de Galicia.

Artes PlásticasAntón Castro, crítico eco misario de exposicións; María Xesús Díaz, artista; Sara Donoso, comisaria de arte; Mauro Lomba, arquitecto e director de galería; Soledad Penalta, escultora, gañadora da edición anterior; Ánxeles Penas, crítica de arte e Antón Sobral, secretaría, Premios da Crítica de Galicia.

Artes EscénicasRuth Balbís, coreógrafa, gañadora da edición anterior; Fernando Dacosta, actor e director, profesor UDV; Carlos Labraña, dramaturgo; Patricia Meira, dramaturga; Manuel F. Vieites, crítico, director da ESADG; Manuel Xestoso, subdirector da Revista Galega de Teatro e crítico teatral de Nós Diario e Eulalia Agrelo, secretaría, Premios da Crítica de Galicia.

Cine e Artes AudiovisuaisUxía Caride, xerente AGAPI; Antonio Duran «Morris», actor; María Mera, actriz; Rubén Ríos, actor e director; Ramón Rozas, crítico e xornalista de Diario de Pontevedra; Xosé Manuel Sande, programador do CGAI e Ledicia Costas, secretaría, Premios da Crítica de Galicia.

Cultura GastronómicaSandra Faginas, xornalista, xefa da sección de Suplementos de La Voz de Galicia, responsable das revistas YES, Fugas e HUMLucía Freitas, cociñeira do restaurante A tafona, gañadora da edición anterior; Jorge Guitián, escritor e divulgadorRosaura Leis Trabazo, profesora de Pediatría, presidenta do Comité Científico da Fundación Dieta Atlántica da USC. IDIS. CiberObn. Hospital Clínico Universitario de SantiagoRubén Otero Caneda, director do CIFP Manuel Antonio; Jesús Simal Gándara, catedrático da UDV e coordinador do CIA, Luis Marconi Suárez, secretaría, Premios da Crítica de Galicia.

Convocados os Premios da Crítica de Galicia 2020

A Asociación Premios da Crítica de Galicia acordou aprobar as bases pola que se rexerán os Premios da Crítica de Galicia 2020, que se ditaminarán en Vigo o 7 de novembro de 2020, ademais de nomear as secretarías de cada unha das modalidades.

Como establece a base sétima «Todas as producións que se consideren premiables en cada unha das modalidades poderán ser presentadas polos súas autoras e autores, editoras, produtoras ou promotoras ás secretarías dos xurados antes do 30 de setembro de 2020. Así mesmo, cada un dos membros dos xurados poderá presentar cantas candidaturas considere oportunas para a súa valoración polo resto dos membros».

A este teor as propostas poderán ser dirixidas ás secretarías de cada unha das modalidades escribindo a: premiosdacriticagalicia@gmail.com

Creación literaria: María Dolores Cabrera.

Investigación: Blanca Roig Rechou.

Iniciativas Culturais e Científicas: Ramón Nicolás Rodríguez.

Música: Malores Villanueva.

Artes Plásticas: Antón Sobral Iglesias.

Artes Escénicas: Eulalia Agrelo Fernández.

Cine e Artes Audiovisuais: Ledicia Costas Álvarez.

Cultura Gastronómica: Luis Marconi Suárez.