Xantar dos Premios da Crítica 2015

Cartel Premios da Crítica_2015O ditame da 38ª edición dos Premios da Crítica Galicia realizarase no decurso dun xantar que terá lugar no restaurante do Hotel Os Escudos (Avenida Atlántida 106) de Vigo, o sábado 7 de novembro de 2015 ás 14:00 horas.
O cuberto terá un prezo de 30€.
As persoas que desexen asistir poden formalizar a súa reserva no teléfono 629 587 807 ou escribindo ao correo electrónico anxorajo@hotmail.com.
Ingreso, antes do 5 de novembro: ABANCA  nº 2080 0518 98 3040014937

Xurados dos Premios da Crítica Galicia 2015

PCG_Xurados_2012O sábado 7 de novembro de 2015 celebrarase a cerimonia de anuncio do ditame da XXXVIIIª edición dos Premios da Crítica Galicia que, a partir das 14:00 horas, terá lugar no decurso dun xantar no Hotel Os Escudos, avenida Atlántida 106, Vigo.

A xunta directiva da Fundación Premios da Crítica Galicia nomeou as seguintes persoas como membros dos xurados de cada unha das sete modalidades:

Creación literaria: Xavier Senín, secretaría, Fundación Premios da Critica Galicia; Xosé María Lema Suárez, escritor, gañador da edición anterior; Eulalia Agrelo, crítica, presidenta de ELOS; Carme Vidal, xornalista cultural, Sermos Galiza; María Xesús Fernández, crítica; Manuel Rodríguez Alonso, crítico e Chus Nogueira, crítica, presidenta da Asociación da Crítica Galega.

Investigación: Afonso Vazquez Monxardín, secretaría, Fundación Premios da Crítica Galicia; Xosé Ramón Freixeiro Mato, catedrático UDC, gañador da edición anterior; Jesús de Juana López, catedrático UDV; Manuel González González, catedrático USC; Xosé Benito Reza, enxeñeiro forestal; María Edita de Lorenzo Rodríguez, catedrática da UDV e Aida Fernández Ríos, oceanógrafa, Instituto de Investigacións Pesqueiras de Vigo.

Iniciativas Culturais. Antón Sobral, secretaría, Fundación Premios da Crítica Galicia; Mercedes Rosón, Subdirectora da área de Cultura da USC; Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputacion de Lugo; Francisco Porto, xestor cultural, director de Latamuda; Belén Fortes, xestora cultural; Xabier Límia, activista cultural e Ana Isabel Vázquez, activista cultural.

Música: Marcos Lorenzo Gallego, secretaría, Fundación Premios da Critica Galicia; Anxo Pintos, músico, membro de Berrogüetto, gañador da edición anterior; Belén Bermejo, empresaria musical Sirgo torcendo; Antonio Borrazás, director de programación sala Capitol; Marían Fernández Álvarez, xestora cultura, O Cable Inglés; Bieito Romero, músico, membro de Luar na lubre e Tito Lesende, xornalista musical e responsable de comunicación de SGAE.

Artes Plásticas: Charo Portela, secretaría, Fundación Premios da Crítica Galicia; Antón Pulido, pintor, gañador da edición anterior; David Pintor, ilustrador; Manuel Gallego Jorreto, arquitecto; Paula Gómez del Valle, fotógrafa; Paula Mariño Pazo, comisaria de exposicións e profesora e Emilia Guimeráns, escultora e ceramista.

Artes Escénicas e Audiovosuais: Camilo Franco, secretaría, Fundación Premios da Crítica Galicia; Luis Patiño, director de cine, gañador da edición anterior; Belén Pichel, presidenta de Escena Galega; Manuel Xestoso, crítico; Ángel Suanzes, xornalista de cine TVG; Montse Dopico, xornalista cultural e Tamara Canosa, actriz.

Cultura gastronómica: Ernesto S. Pombo, secretaría, Fundación Premios da Crítica; Artur Yuste. Grupo Cuevas, gañador da edición anterior; Delfina Cendón, hosteleira; Xavier R. Baixeras, escritor; Beatriz Sotelo, cociñeira d’ A Estación de Cambre; Luis Paadín, sumiller e Lidia Folgar, nutricionista.

Como establece a base sétima «Todas as producións que se consideren premiables en cada unha das modalidades poderán ser presentadas polos seus autores, editores ou promotores ás secretarías dos xurados antes do 30 de setembro de 2015. Así mesmo, cada un dos membros dos xurados poderá presentar cantas candidaturas considere oportunas para a súa valoración polo resto dos membros.»

A este teor as propostas poderán ser dirixidas ás secretarías de cada unha das modalidades:

Creación literaria: Xavier Senín Fernández, xaviersenin@gmail.com

Investigación: Afonso Vázquez Monxardín, monxardin@gmail.com

Iniciativas Culturais: Antón Sobral Iglesias, sobraliglesiasanton@gmail.com

Música: Marcos Lorenzo Gallego, marcos.lorenzo.gallego@gmail.com

Artes Plásticas: Charo Portela Yáñez, charoportela@hotmail.com

Artes Escénicas e Audiovisuais: Camilo Franco Iglesias: camilofrancoiglesias@gmail.com

Cultura Gastronómica: Ernesto Sánchez Pombo, espombo@yahoo.es

As propostas tamén poden ser dirixidas a: premiosdacriticagalicia@gmail.com

 

 

Ditame dos Premios da Crítica Galicia 2014

P1010963P1020268

No Hotel Os Escudos de Vigo deuse a coñecer no decurso dun do xantar do sábado 11 de outubro o ditame da trixésimo sétima edición dos Premios da Crítica Galicia na súas modalidades de Creación Literaria, Investigación, Música, Iniciativas Culturais, Artes Plásticas e Visuais, Artes Escénicas e Audiovisuais e Cultura Gastronómica.

Baixo o lema “A beleza feriume para sempre”, recollido dun verso de Xosé María Díaz Castro, xuntáronse trescentas cincuenta persoas representativas dos diversos ámbitos da política, da sociedade e da actividade cultural do país, entre as que se atopaban Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia; Abel Caballero, alcalde de Vigo; Xesús Vázquez Abad, conselleiro de Educación e Cultura; María José Bravo Bosch, delegada da Xunta de Galicia en Vigo; Antonio Coello, subdelegado do Goberno en Pontevedra; Xosé Manuel Figueroa, vicepresidente da Deputación de Pontevedra; Xavier Vence, portavoz nacional do BNG; Iolanda Veloso, voceira do BNG no concello de Vigo; Xesús Alonso Montero, presidente da RAG; Luís González Tosar, presidente do PEN Club e Francisco Castro, presidente de GALIX, entre outros.

Bieito Ledo, presidente da Fundación Premios da Crítica Galicia, abríu o acto, conducido por Inmaculada López Silva, saudando aos asistentes e lembrando a importancia desta triséxima sétima edición na que por vez primeira se convocaba a modalidade de Cultura Gastronómica.

 

Costa do Solpor de Xosé María Lema, Premio de Creación Literaria

O xurado da modalidade de Creación Literaria, formado por Xabier Cordal Fustes, escritor, gañador da edición anterior; Ramón Nicolás Rodríguez, crítico, membro sección crítica AELG; Mercedes Queixas Zas, escritora, secretaria AELG; Carme Ferreira Boo, profesora da UDV, membro da Asociación de Investigación ELOS; Rexina Rodríguez Vega, escritora, profesora UDV; Modesto Hermida García, crítico e ex-profesor da USC e Ernesto Sánchez Pombo, que actuou como secretario, en representación da Fundación Premios da Critica Galicia, acordou declarar finalistas as obras Costa do solpor de Xosé María Lema (Xerais), O derradeiro libro de Emma Olsen de Berta Dávila (Galaxia) e Matarte lentamente de Diego Ameixeiras (Xerais). Tras as derradeiras deliberacións acordou outorgar por maioría o premio a Costa do Solpor de Xosé María Lema editada por Xerais. O xurado salientou que “a obra gañadora asume diversos modelos narrtaivos cunha ampla documentación histórica e un rexistro lingüístico rico, poñendo en valor os territorios literarios vinculados co mar”.

 

Estilística da lingua galega de Xosé Ramón Freixeiro Mato , Premio de Investigación

O xurado da modalidade de Investigación, formado por Xosé Ramón Barreiro Fernández, catedrático da USC; gañador da edición anterior; Nieves Rodríguez Brisaboa, catedrática de Computación da UDC; Mar Fernández Vázquez, secretaria da Fundación de Investigación ELOS; Luis Espada Recarey, catedrático e ex-reitor da UDV; Lucía Fernández-Novoa Valladares, directora da Unidade de Genética de EBIOTEC, José Antonio Gómez Segade, catedrático da USC e Charo Portela, que actuou como secretaria, en representación da Fundación Premios da Crítica Galicia, acordou declarar como finalistas as obras Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos populares de Antón Cortizas (Xerais),  Arte e ciencia en Galicia de Francisco Díaz Fierros (Servizo de Publicacións da USC)  e Estilística da lingua galega de Xosé Ramón Freixeiro Mato. Tras as derradeiras deliberacións acordou outorgar por maioría o premio a Estilística da lingua galega de Xosé Ramón Freixeiro Mato editada por Xerais. O xurado salientou “a novidade e orixinalidade da proposta, que é a primeira deste tipo en lignua galega, e a concepción e enfoque amplo da Estilística ao abeiro doutras disciplinas lingüísticas”. Así mesmo subliñou “o seu potencial na investigación lingüística e a súa apliación en relación ás novas tecnoloxías”.

 

“Ciclo Poetas Di(n)versos”, Premio de Iniciativas Culturais

O xurado da modalidade de Iniciativas Culturais, formado por Xulio Amigo Estrada, editor, gañador da edición anterior; Eulalia Agrelo Costa, presidenta de ELOS, profesora; Carlos Callón Torres, profesor e escritor; Berta Dávila Fernández, mestra e escritora; Xosé Ramón Fandiño, presidente da Fundación Pedrón de Ouro, Celia Torres Bouzas, editora e Blanca Roig, que actuou como secretaria, en representación da Fundación Premios da Crítica Galicia acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Ciclo de Poetas Di(n)versos, revista Luzes e Viñetas desde o Atlántico. Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por unanimidade o premio a Ciclo de Poetas Di(n)versos. O xurado salientou que o Ciclo de Poetas D(in)versos, que se leva a cabo no Auditorio do Centro Ágora da Coruña, dende onde se ofrecen recitais da mellor poesía de Galicia e do Mundo, “é fonte de alimentación do gusto poético, dignificando e visualizando o xénero, consolidando un público propio para a lírica de hoxe, tanto nacional como internacional”. O xurado subliñou, ademais, “a capacidade do ciclo para implicar ás librarías que sirven poesía á cidade, expandíndao por toda Galicia a través de recitais de poetas convidados ao ciclo, coordinado por Yolanda Castaño”. Por último, o xurado quixo recoñecer, ademais, o Festival Ponte-Poética, dirixido tamén por Yolanda Castaño, co apoio, sobre todo, do concello de Pontevedra e do Ateneo da Cidade, no que participan poetas de todo estado e se realizan actividades para insistir na alimentación do gusto literario”.

 

“Berrogüetto”, Premio de Música

O xurado da modalidade de Música, formado por Luís Soto, membro de TAC, gañador da edición anterior; Joaquín Carvajal, director do Coro Clásico de Vigo; Teresa Cuíñas Lavandeira, xornalista; Óscar Losada Castro, xornalista; Julio Gómez, director de Sin Sal, Lucía Riveiros Vázquez, soprano e Manuel Bragado, que actuou como secretario, en representación da Fundación Premios da Crítica Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Historia da Música en Galicia de Lorena López Covas, Berrogüetto e Germán Díaz. Tras as derradeiras deliberacións acordou outorgar o premio por maioría a Berrogüetto. O xurado salientou “a excelente traxectoria artística de case vinte anos do grupo vigués, constituíndose nunha referencia imprescindible na música de raíz galega, e un conxunto de prestixio no panorama internacional que deixa un legado permanente na nosa cultura”.

 

“Antón Pulido”, Premio de Artes Plásticas e Visuais

O xurado da modalidade de Artes Plásticas e Visuais, formado por Xulio Gil Rodríguez, fotógrafo, gañador da edición anterior; Paula Cabaleiro, xestora cultural e comisaria de exposicións; Carlos Núñez “Le Vieux”, deseñador gráfico; Isabel Aguirre de Urcola, arquitecta; Xavier Limia de Gardón, crítico de arte, Annia González Castiñeira, directora de Pletor e Xavier Senín, que actuou como secretario, en representación da Fundación Premios da Crítica Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Berta Cáccamo, Antón Pulido e Francisco Pazos. Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por maioría o premio a Antón Pulido.

O xurado salientou que “Antón Pulido Nóvoa é un pintor e un excelente gravador que comenza axiña nos montes de Casaio, desenvolve un trazo profundo e denso que concreta nunha narrativa rexionalista que gabou Otero Pedrayo cando aínda non fixera Belas Artes en Barcelona.Refina o trazo despois da súa etapa de formación até que a mediados dos oitenta fai seu o expresionismo figurativo, en soidades de paseantes, xogadores, mulleres na lúa e todo un mundo simbólico.En 2013 sorprende en Pontevedra coa exposición “Kermesse” que viña esbozándose en mostras fóra de Galicia dende o ano 2007. Kermesse é unha viaxe a unha abstracción lúdica, moi ben organizada, que transforma toda a súa pintura anterior cunha solidez moi difícil de acadar.Pola súa traxectoria, pola exposición que se menciona, pola lección de frescura e renovación comprendendo o seu tempo, cremos que o artista é merecedor deste premio”.

 

Costa da morte de Lois Patiño, Premio de Artes Escénicas e Audiovisuais

O xurado da modalidade de Artes Escénicas e Audiovisuais, formado por Marta Pazos Antas, directora de escena e actriz, gañadora edición anterior; Alfonso Pato, director do festival de Cans; Damián Villalaín, profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia; Paula Carballeira Cabana, escritora e actriz; Roi Vidal Ponte, dramaturgo e director de escena, Roberto Pascual Rodríguez, director da MIT Ribadavia e profesor na ESAD de Galicia e María do Cebreiro Rábade, que actuou como secretaria, en representación da Fundación Premios da Crítica Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Costa da morte de Lois Patiño, As do peixe de Abrapalabra creacións escénicas e Eurozone de Chévere. Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por maioría o premio á película Costa da morte de Lois Patiño. O xurado salientou “a capacidade do filme para abrir unha liña estética non convencional e un punto de inflexión no cine galego e na revisión do diálogo entre cine e paisaxe, así como na internacionalización do sector e na renovación dos modelos tradicionais de produción, distribución e exhibición”. O xurado expresou, ademais, que “debido á fecundidade dos ámbitos escénicos e audiovisual e á dificultade para equiparar obras de natureza tan distinta, recomenda a creación de dúas seccións diferenciadas en posteriores edicións destes premios”.

 

“Grupo Cuevas”, Premio de Cultura gastronómica

O xurado da modalidade de Cultura gastronómica, modalidade que se concedía por vez primeira na historia destes premios, formado por Manuel Gago Mariño, escritor, director de Culturagalega.org; Matilde Felpeto Lagoa, escritora de temas gastronómicos; Fina Casalderrey Fraga, escritora, membro RAG; Xavier Castro, profesor da USC, historiador de temas gastronómicos; Guillermo Campos, crítico gastronómico, Jose Maria Fonseca Moretón, presidente Grupo Terras Gauda e por Antón Sobral, que actuou como secretario, en representación da Fundación Premios da Crñitica Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Empresa Cuevas S.A., Fundación Dieta Atlántica e Centro Superior de Hostelería de Galicia. Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por maioría o premio a Grupo Cuevas. O xurado salientou que Grupo Cuevas é “unha empresa familiar de longa e consolidada traxectoria (máis de 100 anos) que ofrece dentro e fóra de Galicia un fito destacado, ser pioneira en converter un produto autóctono, a castaña, nun elemento de calidade con incidencia universal, como é a castaña confitada, sen deixar de mirar cara adiante na procura de seguir a mellorar resultados. En defintiiva, a través da posta en valor dun produto popular desprestixiado, no eido da excelencia”.

P1010964

Xantar dos Premios da Crítica Galicia 2014

convite_premios_da_critica_galicia_2014
O ditame da 37ª edición dos Premios da Crítica Galicia realizarase no decurso dun xantar que terá lugar no restaurante do Hotel Os Escudos (Avenida Atlántida 106) de Vigo, o sábado 11 de outubro de 2014 ás 14:00 horas.
O cuberto terá un prezo de 30€.
Cada un dos participantes recibirá unha serigrafía do pintor José María Barreiro.
As persoas que desexen asistir poden formalizar a súa reserva nos teléfonos  667 647 906 / 629587807 ou escribindo ao correo electrónico anxorajo@hotmail.com.
Ingreso: ABANCA  nº 2080 0518 98 3040014937

Xurados dos Premios da Crítica Galicia 2014

O sábado 11 de outubro de 2014 celebrarase a cerimonia de anuncio do ditame da XXXVIIª edición dos Premios da Crítica Galicia que, a partir das 14:00 horas, terá lugar no decurso dun xantar no Hotel Os Escudos, avenida Atlántida 106, Vigo.

A xunta directiva da Fundación Premios da Crítica Galicia nomeou as seguintes persoas como membros dos xurados de cada unha das sete modalidades:

Creación literaria: Ernesto Sánchez Pombo, secretaría, Fundación Premios da Crítica Galicia; Xabier Cordal Fustes, escritor, gañador da edición anterior; Ramón Nicolás Rodríguez, crítico, membro sección crítica AELG; Mercedes Queixas Zas, escritora, secretaria AELG; Carme Ferreira Boo, profesora da UDV, membro da Asociación de Investigación ELOS; Rexina Rodríguez Vega, escritora, profesora UDV; Modesto Hermida García, crítico e ex-profesor da USC.

Investigación: Charo Portela Yáñez, secretaría, Fundación Premios da Crítica Galicia; Xosé Ramón Barreiro Fernández, catedrático da USC; gañador da edición anterior; Nieves Rodríguez Brisaboa, catedrática de Computación da UDC; Mar Fernández Vázquez, secretaria da Fundación de Investigación ELOS; Luis Espada Recarey, catedrático e ex-reitor da UDV; Lucía Fernández-Novoa Valladares, directora da Unidade de Genética de EBIOTEC e José Antonio Gómez Segade, catedrático da USC.

Iniciativas Culturais: Blanca Ana Roig Rechou, secretaría, Fundación Premios da Crítica Galicia; Xulio Amigo Estrada, editor, gañador da edición anterior; Eulalia Agrelo Costa, presidenta de ELOS, profesora; Carlos Callón Torres, profesor e escritor; Berta Dávila Fernández, mestra e escritora; Xosé Ramón Fandiño, presidente da Fundación Pedrón de Ouro e Celia Torres Bouzas, editora.

Música: Manuel Bragado Rodríguez, secretaría, Fundación Premios da Crítica;  Luís Soto, membro de TAC, gañador da edición anterior; Joaquín Carvajal, director do Coro Clásico de Vigo; Teresa Cuíñas Lavandeira, xornalista; Óscar Losada Castro, xornalista; Julio Gómez, director de Sin Sal e Lucía Riveiros Vázquez, soprano.

Artes Plásticas: Xavier Senín Fernández, secretaría, Fundación Premios da Crítica; Xulio Gil Rodríguez, fotógrafo, gañador da edición anterior; Paula Cabaleiro, xestora cultural e comisaria de exposicións; Carlos Núñez “Le Vieux”, deseñador gráfico; Isabel Aguirre de Urcola, arquitecta; Xavier Limia de Gardón, crítico de arte e Annia González Castiñeira, directora de Pletora.

Artes escénicas e Audiovisuais: María do Cebreiro Rábade Villar, secretaría, Fundación Premios da Crítica Galicia; Marta Pazos Antas, directora de escena e actriz, gañadora edición anterior; Alfonso Pato, director do festival de Cans; Damián Villalaín, profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia; Paula Carballeira Cabana, escritora e actriz; Roi Vidal Ponte, dramaturgo e director de escena e Roberto Pascual Rodríguez, director da MIT Ribadavia e profesor na ESAD de Galicia.

Cultura Gastronómica: Antón Sobral Iglesias. secretaría, Fundación Premios da Crítica Galicia; Manuel Gago Mariño, escritor, director de Culturagalega.org; Matilde Felpeto Lagoa, escritora de temas gastronómicos; Fina Casalderrey Fraga, escritora, membro RAG; Xavier Castro, profesor da USC, historiador de temas gastronómicos; Guillermo Campos, crítico gastronómico e Jose Maria Fonseca Moretón, presidente Grupo Terras Gauda.

Tal como figura na sétima das bases «todas as producións que se consideren premiables en cada unha das modalidades poderán ser presentadas polos seus autores, editores ou promotores ás secretarías dos xurados. Así mesmo, cada un dos membros dos xurados poderá presentar cantas candidaturas considere oportunas para a súa valoración polo resto dos membros».

A este teor as propostas poderán ser dirixidas ás secretarías de cada unha das modalidades:

Creación literaria: Ernesto Sánchez Pombo, espombo@yahoo.es

Investigación: Charo Portela Yáñez, charoportela@hotmail.com

Iniciativas Culturais: Blanca Roig Rechou, blanca.roig@usc.es

Música: Manuel Bragado Rodríguez, bretemas@gmail.com

Artes Plásticas: Xavier Senín Fernández, xaviersenin@gmail.com

Artes Escénicas e Audiovisuais: María do Cebreiro Rábade Villar, acivro@gmail.com

Cultura Gastronómica: Antón Sobral Iglesias, sobraliglesiasanton@gmail.com

As propostas tamén poden ser dirixidas a: premiosdacriticagalicia@gmail.com