Xurados dos Premios da Crítica Galicia 2014

O sábado 11 de outubro de 2014 celebrarase a cerimonia de anuncio do ditame da XXXVIIª edición dos Premios da Crítica Galicia que, a partir das 14:00 horas, terá lugar no decurso dun xantar no Hotel Os Escudos, avenida Atlántida 106, Vigo.

A xunta directiva da Fundación Premios da Crítica Galicia nomeou as seguintes persoas como membros dos xurados de cada unha das sete modalidades:

Creación literaria: Ernesto Sánchez Pombo, secretaría, Fundación Premios da Crítica Galicia; Xabier Cordal Fustes, escritor, gañador da edición anterior; Ramón Nicolás Rodríguez, crítico, membro sección crítica AELG; Mercedes Queixas Zas, escritora, secretaria AELG; Carme Ferreira Boo, profesora da UDV, membro da Asociación de Investigación ELOS; Rexina Rodríguez Vega, escritora, profesora UDV; Modesto Hermida García, crítico e ex-profesor da USC.

Investigación: Charo Portela Yáñez, secretaría, Fundación Premios da Crítica Galicia; Xosé Ramón Barreiro Fernández, catedrático da USC; gañador da edición anterior; Nieves Rodríguez Brisaboa, catedrática de Computación da UDC; Mar Fernández Vázquez, secretaria da Fundación de Investigación ELOS; Luis Espada Recarey, catedrático e ex-reitor da UDV; Lucía Fernández-Novoa Valladares, directora da Unidade de Genética de EBIOTEC e José Antonio Gómez Segade, catedrático da USC.

Iniciativas Culturais: Blanca Ana Roig Rechou, secretaría, Fundación Premios da Crítica Galicia; Xulio Amigo Estrada, editor, gañador da edición anterior; Eulalia Agrelo Costa, presidenta de ELOS, profesora; Carlos Callón Torres, profesor e escritor; Berta Dávila Fernández, mestra e escritora; Xosé Ramón Fandiño, presidente da Fundación Pedrón de Ouro e Celia Torres Bouzas, editora.

Música: Manuel Bragado Rodríguez, secretaría, Fundación Premios da Crítica;  Luís Soto, membro de TAC, gañador da edición anterior; Joaquín Carvajal, director do Coro Clásico de Vigo; Teresa Cuíñas Lavandeira, xornalista; Óscar Losada Castro, xornalista; Julio Gómez, director de Sin Sal e Lucía Riveiros Vázquez, soprano.

Artes Plásticas: Xavier Senín Fernández, secretaría, Fundación Premios da Crítica; Xulio Gil Rodríguez, fotógrafo, gañador da edición anterior; Paula Cabaleiro, xestora cultural e comisaria de exposicións; Carlos Núñez “Le Vieux”, deseñador gráfico; Isabel Aguirre de Urcola, arquitecta; Xavier Limia de Gardón, crítico de arte e Annia González Castiñeira, directora de Pletora.

Artes escénicas e Audiovisuais: María do Cebreiro Rábade Villar, secretaría, Fundación Premios da Crítica Galicia; Marta Pazos Antas, directora de escena e actriz, gañadora edición anterior; Alfonso Pato, director do festival de Cans; Damián Villalaín, profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia; Paula Carballeira Cabana, escritora e actriz; Roi Vidal Ponte, dramaturgo e director de escena e Roberto Pascual Rodríguez, director da MIT Ribadavia e profesor na ESAD de Galicia.

Cultura Gastronómica: Antón Sobral Iglesias. secretaría, Fundación Premios da Crítica Galicia; Manuel Gago Mariño, escritor, director de Culturagalega.org; Matilde Felpeto Lagoa, escritora de temas gastronómicos; Fina Casalderrey Fraga, escritora, membro RAG; Xavier Castro, profesor da USC, historiador de temas gastronómicos; Guillermo Campos, crítico gastronómico e Jose Maria Fonseca Moretón, presidente Grupo Terras Gauda.

Tal como figura na sétima das bases «todas as producións que se consideren premiables en cada unha das modalidades poderán ser presentadas polos seus autores, editores ou promotores ás secretarías dos xurados. Así mesmo, cada un dos membros dos xurados poderá presentar cantas candidaturas considere oportunas para a súa valoración polo resto dos membros».

A este teor as propostas poderán ser dirixidas ás secretarías de cada unha das modalidades:

Creación literaria: Ernesto Sánchez Pombo, espombo@yahoo.es

Investigación: Charo Portela Yáñez, charoportela@hotmail.com

Iniciativas Culturais: Blanca Roig Rechou, blanca.roig@usc.es

Música: Manuel Bragado Rodríguez, bretemas@gmail.com

Artes Plásticas: Xavier Senín Fernández, xaviersenin@gmail.com

Artes Escénicas e Audiovisuais: María do Cebreiro Rábade Villar, acivro@gmail.com

Cultura Gastronómica: Antón Sobral Iglesias, sobraliglesiasanton@gmail.com

As propostas tamén poden ser dirixidas a: premiosdacriticagalicia@gmail.com

 

Bases dos Premios da Crítica Galicia 2011

A xunta directiva da Fundación dos Premios da Crítica Galicia na súa reunión do 14 de setembro aprobou as bases que rexerán a convocatoria da edición 2011. Os xurados de cada unha das modalidades estará formado por sete persoas, que terán competencia exclusiva para establecer os criterios de valoración (calidade, incidencia social, oportunidade, novidade…) de cada unha das candidaturas concorrentes. Con todo, o recoñecemento da excelencia e da relevancia para a cultura galega que ofrezan as achegas a considerar, deberá ser a guía sobranceira no seu proceso de avaliación. Así mesmo, naquelas manifestacións culturais que precisen da intervención do idioma este será o galego.

Nesta edición os premios abranguen seis modalidades:

  1. Creación literaria.
  2. Investigación.
  3. Música.
  4. Iniciativas Culturais.
  5. Artes Plásticas e Visuais.
  6. Artes Escénicas e Audiovisuais.

Todas as producións que se consideren premiables en cada unha das modalidades poderán ser presentadas polos seus autores, editores ou promotores ás secretarías dos xurados. Así mesmo, cada un dos membros dos xurados poderá presentar cantas candidaturas considere oportunas para a súa valoración polo resto dos membros.

Os premios serán ditaminados o 22 de outubro de 2011 na cidade de Vigo.

Aquí poden baixarse en pdf.