40 anos dos Premios da Crítica Galicia

Os Premios da Crítica Galicia, que naceran en Vigo por iniciativa do Círculo Ourensán-Vigués, chegan ao seu 40 aniversario festexando a permanencia e os resultados de catro décadas de presencia ininterrompida no panorama cultural galego. Neste tempo, preto de trescentas persoas, organismos ou institucións, foron distinguidos polo labor desenvolvido en galego, desde Galicia e para o mundo.

Cada ano vénse recoñecendo a excelencia e a relevancia dos labores individuais e colectivos máis destacados nos diversos ámbitos da creación cultural e da investigación en Galicia. Naceron por iniciativa da sociedade civil, anticipándose ao inicio da Autonomía, como unha plataforma plural, independente e interxeracional, para tomar o pulso do latexo da creación cultural en Galicia.

A celebración deste aniversario terá lugar nun acto aberto ao público que comezará ás 12 h. do sábado, 20 de maio, na sede de Afundación (Policarpo Sanz, 26, en Vigo). Estreárase un documental realizado pola TVG, con guión e a dirección de Xosé Manuel Vega, onde se fai un repaso á evolución da cultura nos 40 anos transcorridos. Haberá unha actuación de Carlos Núñez e unha intervención do Alcalde de Vigo, cidade que acolleu tódalas edicións dos Premios.

Eis o convite para o acto aberto ao público deseñado polo artista plástico e vicepresidente da Fundación, Antón Pulido.

Ditame dos Premios da Crítica 2015

premios_da_critica_2015

No Hotel Os Escudos de Vigo deuse a coñecer no decurso dun do xantar do sábado 7 de novembro o ditame da trixésima oitava edición dos Premios da Crítica Galicia na súas modalidades de Creación Literaria, Investigación, Música, Iniciativas Culturais, Artes Plásticas e Visuais, Artes Escénicas e Audiovisuais e Cultura Gastronómica.

Baixo o lema “Non bebades auga durmida”, recollido dun artigo de Xosé Filgueira Valverde, xuntáronse trescentas cincuenta persoas representativas dos diversos ámbitos da política, da sociedade e da actividade cultural do país, entre as que se atopaban Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia; Abel Caballero, alcalde de Vigo; Román Rodríguez, conselleiro de Educación e Cultura; Carmela Silva, presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra; Ignacio López Chaves, delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo; Antonio Coello, subdelegado do Goberno en Pontevedra; Goretti Sanmarín, vicepresidenta da Deputación da Coruña; Xosé Ramón Besteiro, secretario do PSdeG-PSOE; Elena Muñoz, portavoz do grupo municipal do Partido Popular, entre outros.

Bieito Ledo, presidente da Fundación Premios da Crítica Galicia, abríu o acto, conducido por María Xosé Porteiro, saudando aos asistentes e lembrando a traxectoria destes premios que chegan a súa triséxima oitava edición. Rematou Bieito Ledo lembran que “cando todos os galegos deixemos de pedir perdon por que chove, Galicia será nosa”.

 

A viaxe de Gagarin de Agustín Fernández Paz, Premio de Creación Literaria

O xurado da modalidade de Creación Literaria, formado por Xosé María Lema Suárez, escritor, gañador da edición anterior; Eulalia Agrelo, crítica, presidenta de ELOS; Carme Vidal, xornalista cultural, Sermos Galiza; María Xesús Fernández, crítica; Manuel Rodríguez Alonso, crítico; Chus Nogueira, crítica, presidenta da Asociación da Crítica Galega e Xavier Senín, que actuou como secretario, en representación da Fundación Premios da Critica Galicia, acordou declarar finalistas as obras A viaxe de Gagarin de Agustín Fernández Paz (Xerais), Zapatillas rotas de Xabier Quiroga (Xerais) e Penúltimas tendencias de Carlos Negro (Xerais). Tras as derradeiras deliberacións acordou outorgar por maioría o premio á obra de Agustín Fernández paz A viaxe de Gagarin editada por Xerais.

O xurado salientou que “A viaxe de Gagariné unha novela que vén culminar un ciclo narrativo, na que o autor realiza unha emotiva viaxe desde o presente cara a unha parte da nosa historia recente tantas veces silenciada. Este reencontro desenvólvese a través dunha arquitectura textual ben definida e mediante unha linguaxe diáfana e sedutora tecida desde un galego rico e depurado. Así mesmo quere destacar o labor documental e as múltiples referencias socioculturais á época na que se sitúa a trama”.

 

Historia da Literatura Galega II. Rexurdimento de Xosé Ramón Pena, Premio de Investigación

O xurado da modalidade de Investigación, formado por Xosé Ramón Freixeiro Mato, catedrático UDC, gañador da edición anterior; Jesús de Juana López, catedrático UDV; Manuel González González, catedrático USC; Xosé Benito Reza, enxeñeiro forestal; María Edita de Lorenzo Rodríguez, catedrática da UDV; Aida Fernández Ríos, oceanógrafa, Instituto de Investigacións Pesqueiras de Vigo e Afonso Vázquez Monxardín, que actuou como secretario en representación da Fundación Premios da Crítica Galicia acordou declarar como finalistas ao científico e investigador Miguel Anxo Murado García e ás obras Conciencia política e literatura galega en Madrid de Ana Acuña (Xerais); Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento de Xosé Ramón Pena (Xerais). Tras as derradeiras deliberacións acordou outorgar por maioría o premio a Historia da Literatura Galega II de Xosé Ramón Pena (Xerais).

O xurado destacou que a obra gañadora constitúe un libro de referencia imprescindible. Fai unha excelente e documentadísima revisión crítica das cuestións máis controvertidas do Rexurdimento galego mediante a análise exhaustiva da bibliografía literaria e histórica existente achegando sempre unha visión persoal e moi novidosa en múltiples aspectos.

Así mesmo o xurado da modalidade de Investigación recomendou aos promotores destes Prmeios da Crítica Galicia a organización desta modalidade en vindeiras edicións en dúas áreas, unha de ciencias experimentais e tecnoloxía e outra de ciencias humanas e xurídico-sociais.

 

 Cineuropa, Premio de Iniciativas Culturais

O xurado da modalidade de Iniciativas Culturais, formado por Mercedes Rosón, Subdirectora da área de Cultura da USC; Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputacion de Lugo; Francisco Porto, xestor cultural, director de Latamuda; Belén Fortes, xestora cultural; Xabier Límia, activista cultural; Ana Isabel Vázquez, activista cultural e Antón Sobral que actuou como secretario, en representación da Fundación Premios da Crítica Galicia acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Cineuropa, Programa Conciencia e Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira. Tras as derradeiras deliberacións acordou por unanimidade outorgar o premio a Cineuropa.

O xurado salientou que outrogou o premio a Cineuropa “pola calidade, o compromiso e a excelencia deste festival que permite a visión das mellores películas de ámbito europeo, que nos facilita o coñecemento doutras culturas e tamén polo decidido apoio ao cine galego. Tamén pola democratización sendo accesible a toda a sociedade, ademais de ser o festival máis longo no tempo con extraordinario éxito de público diairio. E por achegar esa interdisciplinariedade e pola renovación constante”.

 

Guadi Galego, Premio de Música

O xurado da modalidade de Música, formado por Anxo Pintos, músico, membro de Berrogüetto, gañador da edición anterior; Belén Bermejo, empresaria musical Sirgo torcendo; Antonio Borrazás, director de programación sala Capitol; Marían Fernández Álvarez, xestora cultura, O Cable Inglés; Bieito Romero, músico, membro de Luar na lubre e Tito Lesende, xornalista musical e responsable de comunicación de SGAE. e Marcos Lorenzo Gallego, que actuou como secretario, en representación da Fundación Premios da Crítica Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Guadi Galego, Festival de Pardiñas e a Central Folque. Tras as derradeiras deliberacións acordou outorgar por maioría o premio a Guadi Galego.

O xurado salientou de Guadi Galego “a súa traxectoria coherente, impecable e ancorada na Terra, así como o feito de ter acadado un estilo persoal e á marxe de etiquetas”

 

Xaquín Marín, Premio de Artes Plásticas e Visuais

O xurado da modalidade de Artes Plásticas e Visuais, formado por Antón Pulido, pintor, gañador da edición anterior; David Pintor, ilustrador; Manuel Gallego Jorreto, arquitecto; Paula Gómez del Valle, fotógrafa; Paula Mariño Pazo, comisaria de exposicións e profesora; Emilia Guimeráns, escultora e ceramista, e Charo Portela, que actuou como secretaria, en representación da Fundación Premios da Crítica Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Xaquín Marín, Liqen e David Rubín. Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por maioría o premio a Xaquín Marín.

O xurado salientou do Xaquín Marín “o seu compromiso coa plástica galega ao longo de toda a súa traxectoria, que se concreta no seu traballo como humorista gráfico e ilustrador. Unha traxectoria que reúne tradición e actualidade, feita sempre dende unha visión moi persoal, sendo no só unha referencia en Galicia senón tamén a nivel internacional.”

 

“Pan, pan” de A Panadaría Teatro, Premio de Artes Escénicas e Audiovisuais

O xurado da modalidade de Artes Escénicas e Audiovisuais, formado por Luis Patiño, director de cine, gañador da edición anterior; Belén Pichel, presidenta de Escena Galega; Manuel Xestoso, crítico; Ángel Suanzes, xornalista de cine TVG; Montse Dopico, xornalista cultural; Tamara Canosa, actriz. e Camilo Franco, que actuou como secretario, en representación da Fundación Premios da Crítica Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Pan, pan de A Panadaría Teatro, Perplexo de Il Maquinario Teatro e a Alfonso Zarauza pola dirección de Os Fenómenos. Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por maioría o premio a “Pan, pan” de A Panadaría Teatro.

O xurado salientou de Pan, pan “a decisión de facer un teatro que responde as dificultades dos tempos e a romper os prexuízos asociados ao humor feito por mulleres. A revelación polo debú dunha compañía saída da ESAD de Galicia cun primeiro espectáculo baseado no traballo das actrices, na creación propia e no risco artístico”. Así mesmo, o xurado sinalou que considera imprescindible dividir en dúas a categoría actual de Artes Escénicas e Audiovisuais en correspodencia coa importancia de ambos os dous sectores.

 

Miguel Vila Pernas, Premio de Cultura gastronómica

O xurado da modalidade de Cultura gastronómica, formado por Maite González do Grupo Cuevas, gañador da edición anterior; Delfina Cendón, hosteleira; Xavier R. Baixeras, escritor; Beatriz Sotelo, cociñeira d’ A Estación de Cambre; Luis Paadín, sumiller; Lidia Folgar, nutricionista e por Ernesto Sánchez Pombo, que actuou como secretario, en representación da Fundación Premios da Crítica Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Miguel Vila Pernas, Restaurante Verruga e Secreto Galaico Castañam. Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por maioría o premio a Miguel Vila Pernas.

O xurado salientou de Miguel Vila “a traxectoria de recuperación e posta en valor da culinaria galega tanto considerada dende o punto de vista tradicional como de novas propostas”.

Xurados dos Premios da Crítica Galicia 2015

PCG_Xurados_2012O sábado 7 de novembro de 2015 celebrarase a cerimonia de anuncio do ditame da XXXVIIIª edición dos Premios da Crítica Galicia que, a partir das 14:00 horas, terá lugar no decurso dun xantar no Hotel Os Escudos, avenida Atlántida 106, Vigo.

A xunta directiva da Fundación Premios da Crítica Galicia nomeou as seguintes persoas como membros dos xurados de cada unha das sete modalidades:

Creación literaria: Xavier Senín, secretaría, Fundación Premios da Critica Galicia; Xosé María Lema Suárez, escritor, gañador da edición anterior; Eulalia Agrelo, crítica, presidenta de ELOS; Carme Vidal, xornalista cultural, Sermos Galiza; María Xesús Fernández, crítica; Manuel Rodríguez Alonso, crítico e Chus Nogueira, crítica, presidenta da Asociación da Crítica Galega.

Investigación: Afonso Vazquez Monxardín, secretaría, Fundación Premios da Crítica Galicia; Xosé Ramón Freixeiro Mato, catedrático UDC, gañador da edición anterior; Jesús de Juana López, catedrático UDV; Manuel González González, catedrático USC; Xosé Benito Reza, enxeñeiro forestal; María Edita de Lorenzo Rodríguez, catedrática da UDV e Aida Fernández Ríos, oceanógrafa, Instituto de Investigacións Pesqueiras de Vigo.

Iniciativas Culturais. Antón Sobral, secretaría, Fundación Premios da Crítica Galicia; Mercedes Rosón, Subdirectora da área de Cultura da USC; Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputacion de Lugo; Francisco Porto, xestor cultural, director de Latamuda; Belén Fortes, xestora cultural; Xabier Límia, activista cultural e Ana Isabel Vázquez, activista cultural.

Música: Marcos Lorenzo Gallego, secretaría, Fundación Premios da Critica Galicia; Anxo Pintos, músico, membro de Berrogüetto, gañador da edición anterior; Belén Bermejo, empresaria musical Sirgo torcendo; Antonio Borrazás, director de programación sala Capitol; Marían Fernández Álvarez, xestora cultura, O Cable Inglés; Bieito Romero, músico, membro de Luar na lubre e Tito Lesende, xornalista musical e responsable de comunicación de SGAE.

Artes Plásticas: Charo Portela, secretaría, Fundación Premios da Crítica Galicia; Antón Pulido, pintor, gañador da edición anterior; David Pintor, ilustrador; Manuel Gallego Jorreto, arquitecto; Paula Gómez del Valle, fotógrafa; Paula Mariño Pazo, comisaria de exposicións e profesora e Emilia Guimeráns, escultora e ceramista.

Artes Escénicas e Audiovosuais: Camilo Franco, secretaría, Fundación Premios da Crítica Galicia; Luis Patiño, director de cine, gañador da edición anterior; Belén Pichel, presidenta de Escena Galega; Manuel Xestoso, crítico; Ángel Suanzes, xornalista de cine TVG; Montse Dopico, xornalista cultural e Tamara Canosa, actriz.

Cultura gastronómica: Ernesto S. Pombo, secretaría, Fundación Premios da Crítica; Artur Yuste. Grupo Cuevas, gañador da edición anterior; Delfina Cendón, hosteleira; Xavier R. Baixeras, escritor; Beatriz Sotelo, cociñeira d’ A Estación de Cambre; Luis Paadín, sumiller e Lidia Folgar, nutricionista.

Como establece a base sétima «Todas as producións que se consideren premiables en cada unha das modalidades poderán ser presentadas polos seus autores, editores ou promotores ás secretarías dos xurados antes do 30 de setembro de 2015. Así mesmo, cada un dos membros dos xurados poderá presentar cantas candidaturas considere oportunas para a súa valoración polo resto dos membros.»

A este teor as propostas poderán ser dirixidas ás secretarías de cada unha das modalidades:

Creación literaria: Xavier Senín Fernández, xaviersenin@gmail.com

Investigación: Afonso Vázquez Monxardín, monxardin@gmail.com

Iniciativas Culturais: Antón Sobral Iglesias, sobraliglesiasanton@gmail.com

Música: Marcos Lorenzo Gallego, marcos.lorenzo.gallego@gmail.com

Artes Plásticas: Charo Portela Yáñez, charoportela@hotmail.com

Artes Escénicas e Audiovisuais: Camilo Franco Iglesias: camilofrancoiglesias@gmail.com

Cultura Gastronómica: Ernesto Sánchez Pombo, espombo@yahoo.es

As propostas tamén poden ser dirixidas a: premiosdacriticagalicia@gmail.com

 

 

Ditame dos Premios da Crítica Galicia 2013

No Hotel Os Escudos de Vigo deuse a coñecer no decurso dun do xantar do sábado 19 de outubro o ditame da trixésimo sexta edición dos Premios da Crítica Galicia na súas modalidades de Creación Literaria, Investigación, Música, Iniciativas Culturais, Artes Plásticas e Visuais e Artes Escénicas e Audiovisuais.

Baixo o lema “Auga limpa en fresca fonte”, recollido dun verso de Cantares gallegos de Rosalía de Castro, xuntáronse trescentas cincuenta persoas representativas dos diversos ámbitos da política, da sociedade e da actividade cultural do país, entre as que se atopaban Abel Caballero, alcalde de Vigo; Xesús Vázquez Abad, conselleiro de Educación e Cultura; Manuel Santalices, vicepresidente do Parlamento de Galicia; Anxo Lorenzo Suárez, secretario xeral de cultura; María José Bravo Bosch, delegada da Xunta de Galicia en Vigo; José Ramón Gómez Besteiro, presidente da deputación provincial de Lugo; Ana Isabel Vázquez, delegada de Cultura da Deputación Provincial de Pontevedra; Antonio Coello, subdelegado do Goberno en Pontevedra; Xavier Vence, portavoz nacional do BNG; Iolanda Veloso, voceira do BNG no concello de Vigo; Xesús Alonso Montero, presidente da RAG; Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG; Luís González Tosar, presidente do PEN Club e Francisco Castro, presidente de GALIX, entre outros.Bieito Ledo, presidente da Fundación Premios da Crítica Galicia, abríu o acto, conducido por Inmaculada López Silva, saudando aos asistentes e lembrando a singularidade desta triséxima sexta edición,  que coincide co sequiscentenario da publicación en Vigo de Cantares gallegos e coa homenaxe a Roberto Vidal Bolaño.

Transmuta de Xabier Cordal, Premio de Creación Literaria

O xurado da modalidade de Creación Literaria, formado por Agustín Fernández Paz, Antonio García Teijeiro, Marta Neira, María Xesús Nogueira Pereira, Chus Pato Díaz, Cesáreo Sánchez Iglesias  e María do Cebreiro Rábade Villar, que actuou como secretaria, acordou declarar finalistas as obras A noite branca de Francisco Fernández Naval (Xerais), Morgana en Esmelle de Begoña Caamaño (Galaxia) e Transmuta de Xabier Cordal (Xerais). Tras as derradeiras deliberacións acordou outorgar por maioría o premio a  Transmuta de Xabier Cordal editada por Edicións Xerais de Galicia.

O xurado quere salientar a capacidade do libro para conciliar a lealdade á linguaxe poética coa expresión de contidos de fondo alento humano. Transmuta anoa a intimidade e o sentido comunitario. A súa dignidade e a súa altura emanan da potencia de lle dar voz á vida núa, á vida que resiste sendo pura existencia.

Murguía de Xosé Ramón Barreiro , Premio de Investigación

O xurado da modalidade de Investigación, formado por Patricia Fra López, Eulalia Agrelo Costas, Xosé Luís Axeitos, Francisco Campos Freire, Francisco Díaz-Fierros Viqueira, María Pilar García Negro e María López Sández que actuou como secretaría, acordou declarar como finalistas as obras Murguía de Xosé Ramón Barreiro Fernández (Galaxia),  Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro de Ramón Nicolás (Xerais)  e Artigos sobre Rosalía de Castro de Francisco Rodríguez. Tras as derradeiras deliberacións acordou outorgar por maioría o premio a  Murguía de Xosé Ramón Barreiro Fernández editada por editorial Galaxia.

O xurado salientou a súa relevancia, o rigor metodolóxico, a combinación do traballo de investigación co atractivo da dimensión narrativa dunha biografía necesaria que apela tanto ao estudoso como ao lector/a non especializado. Constitúe, pois, unha achega decisiva á cultura galega, á reflexión e aos estudos rosaliáns e á reconstrución dun período e unha figura esenciais para comprender a historia e a cultura galegas.

 “Taller Atlántico Contemporáneo”, Premio de Música

O xurado da modalidade de Música, formado Margarita Viso, Felipe Agel, Lorena López Cobas, Marta Fernández Pan, Raquel Gamallo, Belén Regueira  e Xavier Senín Fernández, que actuou como secretario, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Cantigas de Mulleres, Mercedes Peón e Taller Atlántico Contemporáneo. Tras as derradeiras deliberacións acordou outorgar o premio a Taller Atlántico Contemporáneo. O xurado quere salientar que o Taller Atlántico Contemporáneo  durante o 2012 ofreceu o ciclo “Os seráns do TAC” na Cidade da Cultura, unha aposta interdisciplinar na que se aglutinaron teatro/humor, música e gastronomía.  O interesante desta agrupación é que está a innovar constantemente na procura da normalización da escoita da música contemporánea, que durante moito tempo permaneceu nun eido marxinal e elitista. Cos seus espectáculos conseguen aproximar a todo tipo de público propostas de autores galegos do último século xunto ás doutros compositores consagrados do mundo contemporáneo.

“Culturgal”, Premio de Iniciativas Culturais

O xurado da modalidade de Iniciativas Culturais, formado por Margarita Vázquez Corbal, Isabel Mociño González, Xaime Domínguez Toxo, Branca Novoneyra, Sergio Lago, Encarna Lago e Marcos Lorenzo, que actuou como secretario, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, Editorial Kalandraka e Culturgal. Feiras das Industrias Culturais de Galicia. Tras as derradeiras deliberacións e logo de ausentarse Sergio Lago, acordou outorgar por maioría o premio a  Culturgal. Feira das Industrias Culturais de Galicia.

O xurado fundamenta a súa decisión no papel que o Culturgal está a ter na profesionalización das industrias culturais galegas, no fomento da cooperación intersectorial, no empoderamento cultural da sociedade civil, e por conformarse como o principal espazo de encontro e reflexión da cultura galega, así como polo esforzo que implica o seu mantemento malia a crise económica actual e a conseguinte redución de apoio institucional.

“Xulio Gil”, Premio de Artes Plásticas e Visuais

O xurado da modalidade de Artes Plásticas e Visuais, formado por Carmen Nogueira, Antón Castro, Pilar Corredoira López, José Manuel García Iglesias, César Portela, Enrique Velasco e Antón Pulido Novoa, que actuou como secretario, tras as derradeiras deliberacións acordou outorgar por unanimidade o premio a  Xulio Gil, tendo en conta a calidade e orixinalidade da súa obra fotográfica, no marco dun longo proxecto de corenta anos que sigue vivo.

“Voadora”, Premio de Artes Escénicas e Audiovisuais

O xurado da modalidade de Artes Escénicas e Audiovisuais, formado por Nuria Sotelo, Roberto Pascual Rodríguez, María Yáñez, Camilo Franco, Ramón Rozas, Sabela Hermida e Antón Sobral, que actuou como secretaria, acordou acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Voadora, Arraianos de Eloy Enciso e Quico Cadaval. Tras as derradeiras deliberacións acordou outorgar por unanimidade o premio a Voadora polos seus espectáculos “Waltz” e “Tokio 3”. O xurado quere salientar a súa linguaxe escénica asentada na musicalidade, pola búsqueda de novos públicos, polas novas formas de produción e pola capacidade de unir diferentes sistemas culturais tendendo pontes. Mais tamén pola capacidade de asumir riscos e ademais por ser simpaticos.

Premios da Crítica Galicia 2013

O sábado 19 de outubro de 2013 celebrarase a cerimonia de anuncio do ditame da XXXVIª edición dos Premios da Crítica Galicia que, a partir das 14:00 horas, terá lugar no decurso dun xantar no Hotel Os Escudos, avenida Atlántida 106, Vigo.

A xunta directiva da Fundación Premios da Crítica Galicia nomeou as seguintes persoas como membros dos xurados de cada unha das modalidades:

Creación Literaria: Agustín Fernández Paz (escritor, gañador da edición anterior), Antonio García Teijeiro (escritor, profesor), Marta Neira (profesora da Escola Universitaria de Maxisterio CEU de Vigo), María Xesús Nogueira Pereira (profesora de Literatura Galega da USC, membro Sección Crítica AELG), Chus Pato Díaz (escritora, profesora), Cesáreo Sánchez Iglesias (escritor, presidente da Asociación de Escritoras en Lingua Galega) e María do Cebreiro Rábade Villar (secretaría do xurado, profesora da USC, patroa da Fundación Premios da Crítica Galicia).

Investigación: Patricia Fra López (profesora de Literatura Norteamericana da USC, gañadora da edición anterior 2012), Eulalia Agrelo Costas (docente e investigadora),  Xosé Luís Axeitos (profesor, membro da Real Academia Galega), Francisco Campos Freire (profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC), Francisco Díaz-Fierros Viqueira (científico, catedrático emérito da USC, membro da Real Academia Galega), María Pilar García Negro (escritora, profesora da UDC) e María López Sández (secretaría do xurado, profesora da USC, patroa da Fundación Premios da Crítica Galicia).

Iniciativas Culturais: Margarita Vázquez Corbal (vocal da directiva d’ O Sorriso de Daniel, gañadora da edición anterior), Isabel Mociño González (investigadora do Centro Ramón Piñeiro de Investigación en Humanidades), Xaime Domínguez Toxo (presidente do Ateneo de Pontevedra), Branca Novoneyra (bailarina e poeta), Sergio Lago (xestor cultural), Encarna Lago (xerente da Rede Museística Provincial de Lugo) e Marcos Lorenzo (xestor cultural, patrón da Fundación Premios da Crítica Galicia).

Música: Margarita Viso (presidenta da Asociación Galega de Compositores, gañadora da edición anterior), Felipe González (profesor do conservatorio de Vigo, membro do cuarteto Caramuxo); Lorena López Cobas (historiadora); Marta Fernández Pan (profesora do conservatorio de Santiago); Raquel Gamallo (responsable da web Ghastas Pista); Belén Regueira (xornalista da Radio Galega) e Xavier Senín Fernández (secretaría do xurado, profesor, vicesecretario da Fundación Premios da Crítica Galicia).

Artes Plásticas de Visuais: Carmen Nogueira (artista, gañadora da edición anterior), Antón Castro (crítico de arte, profesor da UDV), Pilar Corredoira López (crítica de arte e xestora cultural),  José Manuel García Iglesias (crítico de arte e catedrático da USC), César Portela (arquitecto), Enrique Velasco (escultor) e Antón Pulido Novoa (secretaría do xurado, pintor, vicepresidente da Fundación Premios da Crítica Galicia).

Artes escénicas e audiovisuais: Nuria Sotelo (bailarina de danza contemporánea), Roberto Pascual Rodríguez (profesor da ESAD, director da Mostra de Teatro de Ribadavia), María Yáñez (investigadora audiovisual, co-editora de EMBED), Camilo Franco (xornalista de La Voz de Galicia), Ramón Rozas (xornalista de Diario de Pontevedra), Sabela Hermida (actriz) e Antón Sobral (secretaría do xurado, artista, patrón da Fundación Premios da Crítica Galicia).

Para máis información pode contactarse con Bieito Ledo, presidente da Fundación (667 647 906), ou visitando o sitio web.