Novas

Xurados dos Premios da Crítica de Galicia 2018

O sábado 3 de novembro de 2018 celebrarase a cerimonia de anuncio do ditame da XLIª edición dos Premios da Crítica de Galicia que, a partir das 14:00 horas, terá lugar no decurso dun xantar no Hotel Os Escudos, avenida Atlántida 106, Vigo.

A xunta directiva da Asociación Premios da Crítica de Galicia nomeou as seguintes persoas como membros dos xurados de cada unha das oito modalidades:

Creación literaria: Antonio Manuel Fraga, escritor, gañador da edición 2017; Yolanda Castaño, poeta e xestora cultural; María Xesús Fernández Fernández, profesora e crítica; María Xesús Nogueira, profesora da USC e crítica; Susana Sánchez Aríns, profesora e crítica; Miro Villar, profesor e crítico; Ramón Nicolás Rodríguez, secretaría, APCG.

Investigación: Clara V. Álvarez, profesora de Fisioloxía na Facultade de Medicina da USC e directora do Grupo de Investigación sobre Neoplasias e Diferenciación Endocrina no CiMUS; Ángel Manuel Sánchez Bermúdez, catedrático de Enxeñería Química da UVigo; Felipe Criado-Boado, profesor de investigación do CSIC e director do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT); Nieves Lagares, profesora da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC; Rubén Lois González, catedrático da facultade de Xeografía e Historia da USC e vicepresidente da Unión Xeográfica Internacional; Victoria Otero Espinar, matemática e Vicerreitora de  Titulacións da USC e Malores Villanueva, secretaría, APCG.

Iniciativas Culturais e Científicas: Jorge Mira, catedrático da USC, gañador da edición anterior; Alberto Barciela, xornalista; Hakam Casares, Observatorio da Cultura Galega; Delfín Caseiro, catedrático de Lingua e literatura; Sonia Díaz, comunicadora e xestora cultural; Xulia Santiso, xestora cultural, directora da Casa Museo Emilia Pardo Bazán e Malós Cabrera, secretaría, APCG.

Música: María Costas, cantante e actriz; Xulia Feixoo, etnomusicóloga, percusionista de Rodrigo Romaní Trío; Sonia Lebedynski, cantante; Xosé Manuel Pereiro, xornalista, codirector da revista Luzes; Mercedes Rosón, subdirectora da Área de Cultura da USC; Maximino Zumalave, director de orquestra e Paz Raña Lama, secretaría, APCG.

Artes Plásticas: María Luisa Sobrino, gañadora da edición anterior; Alberto González Alegre, comisario e crítico; Fran Herbello, fotógrafo, director do IES Audiovisual de Vigo; Chelo Matesanz, artista e profesora da Facultade de Belas Artes de Pontevedra; Andrés Meixide, ilustrador e humorista gráfico; Ruth Varela, arquitecta e escritora e Ledicia Costas, secretaría, APCG.

Artes Escénicas: Flor Maceiras, directora da Escola Municipal de Teatro de Narón, gañadora da edición anterior; Carlos Sante, actor, coordinador do proxecto internacional en técnicas de clown Hangar Manicómico; Irene Moreira Fontán, directora en Sala Ingrávida, profesora da ESAD; Antón Lopo, crítico e editor; Begoña Cuquejo, directora escénica e coreógrafa; Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía de Castro e Mariana Carballal, secretaría, APCG.

Cine e Artes Audiovisuais: Ángel Rueda, gañador da edición anterior; Tamara Canosa, actriz; Pepe Coira, guionista; Ángeles Huerta, directora; Avelina Rodríguez, crítica de cine do Faro da Cultura; Marta Villar, directora de arte e Xavier Senín, secretaría, APCG.

Cultura Gastronómica: Alberto González Prelcic, cociñeiro, en representación do Grupo Nove, gañador da edición anterior; Teresa Cuíñas Lavandeira, xornalista da TVG; Taciana Díaz Mariño, xornalista; Manuel Hermo Piñeiro, profesor da escola de Hostelaría de Pontevedra; María Mosquera Leal, e-asesora, colaborador ada revista Benbo; Alejandro Rubín Carballo, director de Expourense e Luís Marconi Suárez, secretaría, APCG.

Como establece a base sétima «Todas as producións que se consideren premiables en cada unha das modalidades poderán ser presentadas polos seus autores, editores, produtores ou promotores ás secretarías dos xurados antes do 8 de outubro de 2018. Así mesmo, cada un dos membros dos xurados poderá presentar cantas candidaturas considere oportunas para a súa valoración polo resto dos membros.»

A este teor as propostas poderán ser dirixidas ás secretarías de cada unha das modalidades escribindo a: premiosdacriticagalicia@gmail.com

Creación literaria: Ramón Nicolás Rodríguez.

Investigación: Malores Villanueva Gesteira.

Iniciativas Culturais e Científicas: María Dolores Cabrera Iglesias.

Música: Paz Raña Lama.

Artes Plásticas: Ledicia Costas Álvarez.

Artes Escénicas: Mariana Fernández Carballal.

Cine e Artes Audiovisuais: Xavier Senín Fernández.

Cultura Gastronómica: Luís Marconi Suárez.

Ditame dos Premios da Crítica 2017

No Hotel Os Escudos de Vigo deuse a coñecer no decurso dun xantar do sábado 4 de novembro o ditame da cuadraséxima edición dos Premios da Crítica de Galicia na súas modalidades de Creación Literaria, Investigación, Música, Iniciativas Culturais e Científicas, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Cine e Artes Audiovisuais e Cultura Gastronómica.

Baixo o lema “40 anos facendo país para sermos máis nós”, lembrando o corenta aniversario da celebración ininterrompida dos premios, xuntáronse trescentas cincuenta persoas representativas dos diversos ámbitos da política, da sociedade e da actividade cultural do país, entre as que se atopaban Abel Caballero, alcalde de Vigo; Miguel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia; Román Rodríguez, conselleiro de Educación e Cultura; Carmela Silva, presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra; Víctor F. Freixanes, presidente da Real Academia Galega, entre outros.

Bieito Ledo, presidente da Fundación Premios da Crítica Galicia, abríu o acto, conducido por Noelia Otero, saudando aos asistentes e lembrando a traxectoria dos premios e defendendo a pervivencia da lingua galega como o seu celme.

Querido H.P. Lovecraft de Antonio Manuel Fraga, Premio de Creación Literaria

O xurado da modalidade de Creación Literaria, formado por María do Cebreiro Rábade Villar, poeta, gañadora da edición 2016; Diana Pastoriza Espasandín, blogueira, asesora CAFI Santiago; Armando Requeixo Cuba, crítico; Mario Regueira Fernández, crítico; Manuel Forcadela, profesor da UDV; Marcos Calveiro, escritor e Eulalia Agrelo Costas, que actuou como secretaria, en representación de Premios da Critica Galicia, acordou declarar finalistas as obras De catro a catro. Manuscrito inédito de Manuel Antonio (Alvarellos); Querido H.P. Lovecraft de Antonio Manuel Fraga (Alcaián, Urco) e Nordeste de Daniel Asorey (Galaxia). Tras as derradeiras deliberacións acordou outorgar por maioría o premio á obra de Antonio Manuel Fraga Querido H.P. Lovecraft editada por Alcaián Urco.

O xurado salientou da obra gañadora que “constitúe un enxeñoso acercamento ao estraño, mesturando brillantemente o sobrenatural co fantástico, onde sobrancea a habil creación de ambientes perturbadores que nos acaban afectando do mesmo xeito que ao ficticio Lovecraft”. O xurado sinalou que “alén diso, fai unha descrición dos personaxes cun par de expertas pinceladas breves que lle outorgan unha personalidade claramente única e fascinante”. Rematou sinalando que “coma nos textos de Lovecraft, acompañamos a Robert na súa caída libre no abismo da culpa, ficando envoltos no misterio engadindo a peza que completa o círculo lovecraftiano”.

A prensa en Galicia na Transición de Marcós Pérez Pena, Premio de Investigación

O xurado da modalidade de Investigación, formado por Blanca Roig Rechou, catedrática USC, gañadora da edición 2016; Vanesa Valdeiglesias, profesora UDC; Carme Adán Villamarín, catedrática de Filosofía; Uxío Labarta Fernández, investigador, Instituto de Investigacións Pesqueiras; Xurxo Mariño Alfonso, neurocientífico, profesor UDC; Xavier Senín, profesor e tradutor e María Xosé Porteiro García , que actuou como secretaria en representación de Premios da Crítica de Galicia, acordou declarar como finalistas a María Xosé Agra; ao proxecto de Secuenciación xenética do rodaballo (USC-CSIC,CENAG); e ás obras A prensa en Galicia na Transición de Marcos Pérez Pena (Xerais) e A nosa terra é nosa. A xeira das Irmandades 1916-1931 de Emilio Xosé Ínsua (Baía edicións). Tras as derradeiras deliberacións acordou outorgar por unanimidade o premio A prensa en Galicia na Transición de Marcos Pérez Pena, editado por Xerais

O xurado destacou que “valoraba moi positivamente a cantidade, calidade e diversidade das propostas presentadas que reflicten o auxe da investigación científica e do pensamento en Galicia”.

Programa Conciencia, Premio de Iniciativas Culturais e Científicas

O xurado da modalidade de Iniciativas Culturais, formado por Observatorio pola Igualdade da Mariña, gañadora da edición 2016; Marcelino Fernández Santiago, xerente do Consello da Cultura Galega; Elena Vázquez Cendón, decana da Facultade de Matemáticas da USC; Manuel Vicente García, xornalista de Esfervescencia Galega; Malós Cabrera, membro da Fundación Penzol; Pablo López, xornalista de Galicia ciencia e Afonso Vázquez-Monxardín, que actuou como secretario, en representación de Premios da Crítica de Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Programa ConCiencia, Colección Galician Wave e Programa de Medicina Xenómica. Tras as derradeiras deliberacións acordou por maioría outorgar o premio a programa Conciencia.

O xurado salientou do Programa Conciencia que “sexa unha iniciativa de divulgación científica consolidada no tempo optimizando uns recursos económicos cada vez máis minguados; sendo unha ponte entre niveis educativos, o mundo da investigación e a cidadanía”. Así mesmo salientou que “contribúa decisivamente a formar rede entre os investigadores e as investigadoras de Galicia e os lideres mundiais na materia; ademais de que consigue amosar que a sociedade responde ás iniciativas de divulgación científica de calidade”. Por último, “o xurado deséxalle ao progrma Conciencia unha longa e fructifera vida na que se puidese amosar unha maior visibilización da relevancia do papel da muller na ciencia”.

Luís Emilio Batallán, Premio de Música

O xurado da modalidade de Música, formado por Uxía Senlle, cantora, gañadora da edición 2016; Manuel F. Álvarez González, fundador de Xuventudes Musicais de Vigo; Octavio Beares, crítico musical de Faro de Vigo; Xosé Luís Blanco Campaña, xornalista; María Xosé Cerviño, Directora da Escola de Música Berenguela de Santiago; Fernando Fernández Rego, xornalista, historiador da música en Galicia e Antón Pulido Novoa, en representación de Premios da Crítica de Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Luís Emilio Batallán, Orquestra Sinfónica de Galicia e Treixadura. Tras as derradeiras deliberacións acordou outorgar por unanimidade o premio a Luís Emilio Batallán.

O xurado valorou de Luís Emilio Batallán “a súa traxectoria até a actualidade, a súa reivindicación e renovación da canción galega, a historicidade e dimensións das súas composicións que forman parte xa da cultura galega e do imaxinario colectivo de varias xeracións”. O xurado tamén quixo salientar “a contribución de Batallán á difusión da poesía galega e á popularización de autores como Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro ou Carlos Oroza”.

María Luisa Sobrino, Premio de Artes Plásticas

O xurado da modalidade de Artes Plásticas, formado por Rosa Neutro, fotógrafa e artista visual; Chus Martínez Domínguez, crítica de arte e comisaria de exposicións; Juan Creus, arquitecto; Edu Valiña, artista visual; Javier Blanco, galerista, director da Galería Metro de Santiago de Compostela; Kiko da Silva, ilustrador e director da escola profesional O Garaxe Hermético de Pontevedra e Paula Cabaleiro, que actuou como secretaria, en representación de Premios da Crítica de Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a María Luisa Sobrino, Carlos Quintáns e Din Matamoro. Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por maioría o premio a María Luisa Sobrino.

O xurado salientou de María Luisa Sobrino “a súa longa traxectoria como docente e investigadora no eido das Artes Plásticas en Galicia, continuando na actualidade unha importante implicación activista co seu contexto e coas problemáticas actuais. Pioneira no ensino da plástica contemporánea sendo impulsora da rede interdisciplinar da cultura galega. Ademais, 2016 foi o ano no que deixou o cargo de “coordinadora da sección de Creación e Artes Visuais contemporáneas do Consello da Cultura Galega, desde onde desenvolveu publicacións, actividades e informes que activaron novas lecturas sobre diferentes cuestións da creación contemporánea”.

Flor Maceiras, Premio de Artes Escénicas

O xurado da modalidade de Artes Escénicas, formado por María Barcala, Teatro do Atlántico, gañadora da edición 2016; Eduardo Rodríguez Cunha, director de Tanxarina;  Fran Alonso, editor e poeta; Mercedes González Castro, actriz, membro de Escena Galega; Juan Carlos Zahera, director do Espacio de Danza da USC; Mariana Carballal, actriz  e Ernesto Sánchez Pombo, que actuou como secretario, en representación de Premios da Crítica de Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Mabel Rivera, Kukas Producións Artísticas, Raúl Ferreira e Flor Maceiras.. Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por unanimidade o premio a Flor Maceiras.

O xurado salientou que “decidiu outorgarlle o galardón a Flor Maceiras pola súa traxectoria como actriz e directora e, moi especialmente, como mestra comprometida cunha formación teatral íntegra concibida desde a base e desde as marxes, que ten o seu obxectivo primordial na igualdade de xénero concibida desde o presuposto da calidade artística”

Festival S8. Mostra de cinema periférico da Coruña, Premio de Cine e Artes Audiovisuais

O xurado da modalidade de Cine e Artes Audiovisuais, formado por Alberte Pagán, gañador da edición 2016; Xisela Franco, directora Máster de Cinema e Creación Audiovisual; María Solar, xornalista e escritora; Miguel Anxo Fernández, crítico de cinema e audiovisual; Cristina Iglesias, actriz; Noemí Martínez Ferreiro, guionista e Inma López Silva, que actuou como secretaria, en representación de Premios da Crítica de Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Diana Toucedo, Alberto Vázquez e S8 Mostra de cine periférico da Coruña. Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por unanimidade o premio ao Festival S8. Mostra de cine periférico da Coruña.

O xurado salientou “a capacidade do S8. Mostra de cinema periférico da Coruña de, en só oito anos, situarse entre os mellores festivais de cinema de vangarda do mundo. S8 é un festival que sabe conxugar o novo e o vello, o internacional co local, non só servindo como escaparate do cinema galego, senón tamén como canteira da que xorden novos e novas creadoras”.

Grupo Nove, Premio de Cultura gastronómica

O xurado da modalidade de Cultura gastronómica, formado por Roberto Rodríguez Prieto, Artesáns da Pesca, gañador da edición 2016; Jesús Ramos Barcia, profesor de Cociña e Pastelaría do IES Manuel Antonio de Vigo; Alfredo Conde Cid, escritor; Ana Méndez Gil, Denominación de Orixe Ribeiro; Diana Fernández Gómez, blogueira de Bolboretas no bandullo, Antón Sobral, artista e Xavier Limia de Gardón, que actuou como secretario, en representación de Premios da Crítica de Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Grupo Nove, Instituto Galego do Viño e Restaurante Fogar do Santiso. Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por maioría o premio a Grupo Nove.

O xurado salientou de Grupo Nove “o compromiso de vinte e catro grandes profesionais galegos da cociña que souberon poñer en valor dende as súas orixes a materia prima galega facéndoa internacionalmente visible cunha estratexia integral que xunta cultura, lingua e patrimonio”.

Xurados dos Premios da Crítica de Galicia 2017

O sábado 4 de novembro de 2017 celebrarase a cerimonia de anuncio do ditame da XLª edición dos Premios da Crítica de Galicia que, a partir das 14:00 horas, terá lugar no decurso dun xantar no Hotel Os Escudos, avenida Atlántida 106, Vigo.

A xunta directiva da Fundación Premios da Crítica Galicia nomeou as seguintes persoas como membros dos xurados de cada unha das oito modalidades:

Creación literaria: María do Cebreiro Rábade Villar, poeta, gañadora da edición 2016; Diana Pastoriza Espasandín, blogueira, asesora CAFI Santiago; Armando Requeixo Cuba, crítico; Mario Regueira Fernández, crítico; Manuel Forcadela, profesor da UDV; Marcos Calveiro, escritor e Eulalia Agrelo Costas, secretaría, APCG.

Investigación: Blanca Roig Rechou, catedrática USC, gañadora da edición 2016; Vanesa Valdeiglesias, profesora UDC; Carme Adán Villamarín, catedrática de Filosofía; Uxío Labarta Fernández, investigador, Instituto de Investigacións Pesqueiras; Xurxo Mariño Alfonso, neurocientífico, profesor UDC; Xavier Senín, profesor e tradutor e María Xosé Porteiro García, secretaría, APCG.

Iniciativas Culturais e Ceintíficas: Observatorio pola Igualdade da Mariña, gañadora da edición 2016; Marcelino Fernández Santiago, xerente do Consello da Cultura Galega; Elena Vázquez Cendón, decana da Facultade de Matemáticas da USC; Manuel Vicente García, xornalista, Esfervescencia Galega; Malós Cabrera, membro da Fundación Penzol; Pablo López, xornalista, Galicia ciencia e Afonso Vázquez-Monxardín, secretaría, APCG.

Música: Uxía Senlle, cantora, gañadora da edición 2016; Manuel F. Álvarez González, fundador de Xuventudes Musicais de Vigo; Octavio Beares, crítico musical de Faro de Vigo; Xosé Luís Blanco Campaña, xornalista; María Xosé Cerviño, Directora da Escola de Música Berenguela de Santiago; Fernando Fernández Rego, xornalista, historiador da música en Galicia e Antón Pulido Novoa, secretaría, APCG.

Artes Plásticas: Rosa Neutro, fotógrafa e artista visual; Chus Martínez Domínguez, crítica de arte e comisaria de exposicións; Juan Creus, arquitecto; Edu Valiña, artista visual; Javier Blanco, galerista, director da Galería Metro de Santiago de Compostela; Kiko da Silva, ilustrador e director da escola profesional O Garaxe Hermético de Pontevedra e Paula Cabaleiro, secretaría, APCG.

Artes Escénicas: María Barcala, Teatro do Atlántico, gañadora da edición 2016; Eduardo Rodríguez Cunha, director de Tanxarina;  Fran Alonso, editor e poeta; Mercedes González Castro, actriz, membro de Escena Galega;  Juan Carlos Zahera, director do Espacio de Danza da USC; Mariana Carballal, actriz  e Ernesto Sánchez Pombo, secretaría, APCG.

Cine e Artes Audiovisuais: Alberte Pagán, gañador da edición 2016; Xisela Franco, directora Máster de Cinema e Creación Audiovisual; María Solar, xornalista e escritora; Miguel Anxo Fernández, crítico de cinema e audiovisual; Cristina Iglesias, actriz; Noemí Martínez Ferreiro, guionista e Inma López Silva, secretaría, APCG.

Cultura Gastronómica: Roberto Rodríguez Prieto, Artesáns da Pesca, gañador da edición 2016; Jesús Ramos Barcia, profesor de Cociña e Pastelaría do IES Manuel Antonio de Vigo; Alfredo Conde Cid, escritor; Ana Méndez Gil, Denomación de Orixe Ribeiro; Diana Fernández Gómez, blogueira de Bolboretas no bandullo, Antón Sobral, artista e  Xavier Limia de Gardón, secretaría, APCG.

Como establece a base sétima «Todas as producións que se consideren premiables en cada unha das modalidades poderán ser presentadas polos seus autores, editores, produtores ou promotores ás secretarías dos xurados antes do 30 de setembro de 2017. Así mesmo, cada un dos membros dos xurados poderá presentar cantas candidaturas considere oportunas para a súa valoración polo resto dos membros.»

A este teor as propostas poderán ser dirixidas ás secretarías de cada unha das modalidades escribindo a: premiosdacriticagalicia@gmail.com

Creación literaria: Eulalio Agrelo Costas, eagrelo@yahoo.es

Investigación: María Xosé Porteiro García, maria.xose.porteiro@gmail.com

Iniciativas Culturais e Científicas: Afonso Vázquez Monxardín, monxardin@gmail.com

Música: Antón Pulido Novoa, antonpulido@gmail.com

Artes Plásticas: Paula Cabaleiro Comesaña, paulacabaleiro.proyectos@gmail.com

Artes Escénicas: Ernesto Sánchez Pombo, espombo@yahoo.es

Cine e Artes Audiovisuais:Inma López Silva, inmalopezsilva@gmail.com

Cultura Gastronómica: Xabier Limia de Gardón,xaligard21@gmail.com

 

Convocados os Premios da Crítica de Galicia 2017

A Asociación Premios da Crítica de Galicia acordou na súa reunión do 26 de xuño aprobar as bases pola que se rexerán os Premios da Crítica de Galicia 2017, que se ditaminarán en Vigo o 4 de novembro de 2017, ademais de nomear as secretarías de cada unha das modalidades.

Como establece a base sétima «Todas as producións que se consideren premiables en cada unha das modalidades poderán ser presentadas polos seus autores, editores, produtores ou promotores ás secretarías dos xurados antes do 30 de setembro de 2017. Así mesmo, cada un dos membros dos xurados poderá presentar cantas candidaturas considere oportunas para a súa valoración polo resto dos membros.»

A este teor as propostas poderán ser dirixidas ás secretarías de cada unha das modalidades escribindo a: premiosdacriticagalicia@gmail.com

Creación literaria: Eulalio Agrelo Costas, eagrelo@yahoo.es

Investigación: María Xosé Porteiro García, maria.xose.porteiro@gmail.com

Iniciativas Culturais e Científicas: Afonso Vázquez Monxardín, monxardin@gmail.com

Música: Antón Pulido Novoa, antonpulido@gmail.com

Artes Plásticas: Paula Cabaleiro Comesaña, paulacabaleiro.proyectos@gmail.com

Artes Escénicas: Ernesto Sánchez Pombo, espombo@yahoo.es

Cine e Artes Audiovisuais:Inma López Silva, inmalopezsilva@gmail.com

Cultura Gastronómica: Xabier Limia de Gardón,xaligard21@gmail.com

40 anos dos Premios da Crítica Galicia

Os Premios da Crítica Galicia, que naceran en Vigo por iniciativa do Círculo Ourensán-Vigués, chegan ao seu 40 aniversario festexando a permanencia e os resultados de catro décadas de presencia ininterrompida no panorama cultural galego. Neste tempo, preto de trescentas persoas, organismos ou institucións, foron distinguidos polo labor desenvolvido en galego, desde Galicia e para o mundo.

Cada ano vénse recoñecendo a excelencia e a relevancia dos labores individuais e colectivos máis destacados nos diversos ámbitos da creación cultural e da investigación en Galicia. Naceron por iniciativa da sociedade civil, anticipándose ao inicio da Autonomía, como unha plataforma plural, independente e interxeracional, para tomar o pulso do latexo da creación cultural en Galicia.

A celebración deste aniversario terá lugar nun acto aberto ao público que comezará ás 12 h. do sábado, 20 de maio, na sede de Afundación (Policarpo Sanz, 26, en Vigo). Estreárase un documental realizado pola TVG, con guión e a dirección de Xosé Manuel Vega, onde se fai un repaso á evolución da cultura nos 40 anos transcorridos. Haberá unha actuación de Carlos Núñez e unha intervención do Alcalde de Vigo, cidade que acolleu tódalas edicións dos Premios.

Eis o convite para o acto aberto ao público deseñado polo artista plástico e vicepresidente da Fundación, Antón Pulido.